“Ons”, o último film de Alfonso Zarauza, pudo verse onte por primeira vez en Pontevedra, na inauguración da Feira das industrias culturais Culturgal, na que o seu director; Xavi Font, o produtor; e os actores e actrices Antonio Durán Morris, Xúlio Abonjo e Marta Lado, presentaron a película rodada na isla de Bueu. A película está marcada polo carácter da illa do parque nacional na que só viven todo o ano 9 persoas, a pesar das visitas dos múltiples turistas que recibe no verá. “Ons” é a vida do doutor Vicente (Morris) que tras unha depresión pola morte da súa amante en coche, chega xunto a súa esposa Mariña (Melania Cruz) a unha remota illa do Atlántico para pasar o verán, curar a súa enfermidade e recuperar o seu matrimonio. A vida na illa gústalle e quere pasar o outono. Vaise sentindo mellor ata que tras un naufraxio nun temporal, aparece unha amnésica e misteriosa muller e xa nada volverá a ser o que era.

Coa presentación do film, o público asistente onte a Culturgal pudo gozar da música en directo de Chicharrón. O trío de Carballo achegou a banda sonora de Ons o tema “Na cela”, que adapta un poema de Antía Otero e prevé acompañar o filme nalgunhas presentacións previstas de cara á estrea do 18 de decembro en salas comerciais.

En caso de emerxencia, cultura. É o lema do Culturgal 2020, que este ano se reinventa para ofrecer na casa máis de 70 propostas de teatro, música, literatura, infantis etc. Só o Espazo Cinema é exclusivamente presencial e programación dos outros tres escenarios: Foro (sala de exposicións do Pazo), Escena (auditorio do Pazo) e Libro (Teatro Principal), será transmitida a través de tres canles na web cultur.gal.

Un ano máis, a feira das industrias culturais busca ser o máis importante escaparate dun sector decisivo en Galicia e do que dependen “unhas 30.000 persoas”, sinalou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. A concelleira de Cultura, o director de Agadic, o presidente de Culturgal e o equipo de rodaxe da película “Ons”.

Miguel Fernández Lores incidiu en que neste ano “ no que todos os proxectos culturais se tambalean”, as administracións teñen que “repensar o noso papel como axentes públicos e ser proactivos á hora de dar respostas”. Tamén destacou a necesidade de apostar polo próximo, as “escalas máis humanas” e reforzar os tecidos económicos e sociais do noso territorio”.

O que desexen asistir presencialmente ó amplísimo abano de actividades seguras , aínda poden facerse con algunhas das entradas para este fin de semana no que Pontevedra se converte no gran escaparate da potencia creativa galega.