Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"A mesa do paseo de Seara tiña que crearse antes, debido á confrontación que existía"

-O PSOE non foi á manifestación polo auditorio. Se volvesen atrás, manterían a mesma postura?

-Manteriamos a mesma postura porque foi bastante reflexionada. Entendemos que non podemos ir a unha manfestación a esixir a outras administracións que financien unha infraestrutura cando aínda queda traballo por facer a nivel municipal, e que non é un traballo doado. Sería como manifestarnos para esixirnos a nós mesmos. Non é un traballo doado o que falta, porque non depende só do Concello, senón tamén dunha xestión por parte de propietarios privados. Para nós o auditorio ten que ser unha realidade, pero primeiro o Concello e o resto de propietarios temos que dar pasos, cando haxa un desenvolvemento da parcela e o sistema viario para chegar a ela si que temos que esixir a outras administracións o financiamento do auditorio.

-Pensa que tras o 26M o Sergas manterá a petición de máis de 3.000 metros cadrados de superficie en Sisalde para o centro de saúde?

-Non. Esa petición ten a data de caducidade das eleccións municipais. Foi unha excusa que se inventou a Xunta coa complicidade do PP de Moaña para que non se asinase o convenio durante este mandato. Buscaron a excusa do tamaño dos terreos, e falamos de excusa porque si que lles valían durante o anterior mandato e foron presentados polo Concello entón e non había problema. Hai casos dabondo e próximos nos que se construiron centros de saúde con parcelas máis pequenas e con moita menos edificabilidade, como en Marín, pese a que ten máis habitantes que Moaña.

-Nun goberno monocolor, o PSOE xestionaría distinto a crise da paralización do paseo de Seara?

-Creo que o xestionaríamos de xeito diferente. Penso que se cometeron sobre todo erros en canto á explicación. Non se xestionou ben nun principio a confrotación que había por este problema. Nós propuxemos en pleno que se crease a mesa de diálogo e traballo e creo que tiñamos que telo feito antes. Foi un xeito de avanzar cara unha solución común entre as diferentes partes. Para nós o primeiro é rematar o paseo. O desenvolvemento da parcela dos estaleiros terá que vir a posteriori. Non descartamos unha consulta á cidadanía para determinar os usos.

Compartir el artículo

stats