Síguenos en redes sociales:

Casilda Alfaro, actriz e directora. Premio María Casares en 1997

Actriz e Directora. Cofundadora de Teatro de Ningures, procedente do Grupo Matamoura e do Colectivo Múa. Actuou en todas as produccións e coproduccións: "E vostede...como se chama?", "Zeussión Continua", "Ácido Sulfúrico", "Ubú Rei", "María Soliña", "Elektra", "Crónica de Pantagruel", "O polbo", "Macbett", "Tic-Tac", "Terra de lobos", "Sempre Ubú", "Lugar común", "Decorcheas", "Fausto", "Círculo", "Troianas", "Tartufo" , "Misericordia", "Emigrados", "Bailadelas da morte ditosa" e "Atra Bile".

Dirixiu o "O desembarco dos turcos. María Soliña" e varios espectáculos máis na Aula de Teatro da Universidade de Vigo e na Escola Municipal das Artes Escénicas de Cangas. Participou, como actriz, en espectáculos de Teatro do Atlántico, Balea Branca e Teatro do Morcego, e como axudante de dirección noutros de Teatro do Atlántico, Talía Teatro e Teatro do Noroeste (Centro Dramático de Viana). En TV, participou en capítulos de varias series e forma parte do reparto de "Libro de familia". Actuou tamén en curtametraxes e na película "Os luns ao sol"," "La bella Otero","De bares"e" La condesa rebelde".

Premio "María Casares" á mellor actriz protagonista, en 1997, por "A noite das tríbades", de Teatro do Atlántico, e finalista na mesma categoría ,no ano 1999, por "Vellos tempos", da mesma Compañía.

Pulsa para ver más contenido para ti