Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O xurado en plena deliberación, onte. // Santos Álvarez

Ismael Ramos Castelo: "A mellor poesía contemporánea da Península estase facendo en Galicia"

El joven autor de Mazaricos se lleva el galardón con su obra "Os fillos da fame"

So ten 21 años pero a súa obra "Os fillos da fame" foi a elixida como a gañadora do XVIII Premio de Poesía Johán Carballeira de Bueu. O xurado, composto polos escritores Ramón Blanco, María del Carmen Caramés e Luis Valle, decidiu por unanimidade otorgar o galardón a esta obra "polos seus indubidables valores poéticos que beben da mellor tradición da poesía internacional, integrando así mesmo o rico herdo da poesía galega nun texto no que a voz autorial se recoñece limpa e novidosa".

- Despois dunha ampla traxectoria de galardóns en premios escolares, gañar o Johán Carballeira supón o paso da adolescencia á madurez literaria.

- Absolutamente. Gañei o Premio Francisco Añón no Concello de Outes e alí me publicaron unha separata repartida en dous actos, pero este é o primeiro premio no que hai unha publicación. É todo un soño. Cando me chamaron non podía máis que agradecelo. Levo desde entón flipando.

- ¿Era a primeira vez que se presentaba a este certame?

- Sí; levaba tempo pensando como mover o libro e decidín presentalo aquí. Xusto acabe o libro tres ou catro días antes de rematar o plazo. Así que non o esperaba.

- Ademais gaña un premio xa cun certo prestixio en Galicia.

- Sí, e nada máis comunicarme o premio pensei na xente que o gañou e nos libros que lin dos gañadores, obras de Yolanda Castaño, Emma Pedreira ou Berta Dávila. E iso faime moi feliz.

- ¿De onde vén esa afición pola narrativa e a poesía?

- Empecei a escribir poesía no colexio porque nunca fun bo en deportes e tampouco tiña hobbies claros. En 5º de Primaria fixemos un exercicio de pareados, gañei e no ano seguinte tamén. No instituto entrei no clube de lectura, tiven o apoio dos profesores e coñecín xente que me instruiu. Tiven moita sorte.

- ¿Qué é "Os fillos da fame"?

- Empezou sendo un poemario sobre o mar, seguiu sendo un libro sobre a familia, tema que me interesa moito, e finalmente foi un libro sobre a fame. Nel hai bastante rabia, realidade. É moi poético. A verdade é que non sei como podería resumir o que puxen nel [risas].

- ¿É un acto de valentía ou mesmo de inconsciencia escribir poesía nestes tempos?

- Adicarse á cultura é valentía, e en galego case inconsciencia, e máis cos paos que nos dan desde as institucións. Logo saes á rúa, escoitas falar á xente e daste de conta de que algo vai moi mal. O acto de valentía e financiar un premio así e premiar a cultura. Ser escritor non parece un oficio pero da moito traballo, hay que ler e moverse.

- Narrativa, poesía. ¿onde se sente máis cómodo?

- Sempre me sentín máis cómodo na poesía. Considero que se me da mellor. Hai case tres anos que non fago un relato, aínda que este poemario está en prosa.

- ¿Cales son as súas principais referencias a nivel poético?

- Neste libro, e case na miña obra, son Philip Larkin, e a miña poetisa de cabeceira, Louise Glück. De feito o poemario ábrese con tres citas, de Larkin, Glück e de Ingeborg Bachmann. E na poesía galego considero que hai moitos e moi bos todos. De feito a poesía contemporánea galega é a mellor da Península sen dúbida, e posiblemente tamén de Europa.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.