"A travesía da ría practicamente sós"
...Xunto ao peirao, a bordo dunha lancha, un mariñeiro cortaba carnada sobre unha caixa de madeira. Viámolo através dunha destas redes circulares que penduraba, pola proa, de oito guias e unha ostaga desde o mastro. Un dos viaxeiros que viñan connosco a tomar o barco de Cangas díxonos que era un mediomundo, aparello que polo xeral non chega a dous metros de diámetro. Como a rede que tiñamos á vista era tan ancha coma longo era o barco, pen-samos que debía ser un arco de xurelo que é o máis grande de todos os aparellos desta clase. Toros de peixe, sós ou mesturados con area e as veces con aceite de oliva, facían de encarnadura. O xurelo é unhas das especies que máis se pescan na Ria de Vigo: no ano 1928 vendéronse na lonxa dese porto máis de tres millóns de quilos. Fixemos a travesía da Ria practicamente sós no departamento de primeira clase, cos billetes verdes do vapor ben amarrados para que non os levase o vento. As peixeiras que ían noutro departamento do barco empezaron a sair segundo chegabamos a Cangas. No extremo máis oriental da vila sobranceaba un gran edificio branco con moitas xanelas. Era unha das corenta fábricas de conservas da Ria de Vigo.
Así que o vapor iniciou a manobra de atracada, as peixeiras comezaron a abrirse paso e ocupaban practicamente toda a borda coas suas figuras rexas e fortes. Así que o barco ficou amarrado, saltaron sobre a escaleira do peirao que subían axilmente pisando sobre a capa de verduxo cos pés descalzos. Todas elas levaban cargas impresionantes pero nen esbaraban nen lles caía nada. Sobre o peirao observamos os boureles dunha longuísima rede a secar e unha patela de ollomol que unha pescantina facía por poñer na cabeza. Era evidente que o peso resultáballe de máis para facelo sen axuda. Un mariñeiro e outra muller botáronlle unha man e así que a patela ficou ben axeitada sobre a testa, botou a camiñar con paso rápido... Levar o peixe a Cangas é como levar carbón a Newcastle, pero algunhas destas mulleres veñen desde Vigo cos cestos cheos.
Nas casas dos pescadores os balcóns teñen un uso doméstico, mentres que no baixo gárdanse as embarcacións, negras e azuis".
- El bus deja en tierra a trabajadores de hospitales al ir llenos por falta de barco
- Bueu envía en menos de un mes más de 100 notificaciones para la limpieza de fincas forestales
- Multa de 2.000 euros y retirada del carné durante 18 meses por quintuplicar la tasa de alcohol en Bueu
- El derrumbe de un muro en la zona trasera de Altamira pone en entredicho el parking
- Vecinos de Darbo alertan de que hay dos personas hospitalizadas, supuestamente por beber agua contaminada por hidrocarburos
- La Mancomunidade aprueba subir el recibo de la basura y el PP abandona la asamblea tras la expulsión de Estela Santomé
- San Blas no falta a su cita con la bendición de los panes
- El comedor social de Cangas pide una litera para una familia sin recursos