Solidariedade Galega presenta o seu traballo de axuda sanitaria en Nicaragua
Representantes da ONG estiveron onte nun acto no Centro Social do Mar

Responsables da ONG xunto ao alcalde de Bueu. // Gonzalo Núñez
REDACCIÓN | BUEU
A ONG Solidariedade Galega organizou onte en Bueu un acto público para presentar á cidadanía o traballo solidario que está desenvolvendo en Nicaragua. Esta organización está formada maiormente por médicos e profesionais da sanidade.
A presentación de onte contou coa presenza do presidente da ONG, Enrique Rodríguez Álvarez, e interviron o médico especialista en medicina subacuática Salvador Fojón, que falou sobre o proxecto sobre a enfermidade da paraplexia por descompresión, que sufren os mergulladores de comunidades de Nicaragua e Perú, ou Haydeé Castillo, directora do Instituto de Liderazgo de Las Segovias, en Nicaragua. O acto contou coa colaboración da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso), a actuación do Mago Paco e a lectura de poemas de Asun Estévez.
- El conductor de un vehículo persigue al de un autobús hasta la estación de Cangas y le rompe una puerta y el limpiaparabrisas
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- Nudistas en la playa de Barra increpan con aplausos a quienes utilizan el bañador
- «Valoria B» y «Tumberry C», duelo de titanes en la ría de Aldán
- La Xunta exige a Bueu la devolución de los 700.000 euros del pabellón de Beluso y el Concello está dispuesto a llegar a los tribunales
- Aparece abandonado un coche en A Fraga, en Moaña, con los airbags disparados y con vertido de aceite
- El gobierno cangués programa un cambio estructural en la cúpula de la Policía Local
- Identificadas varias personas en una pelea con barras de hierro en Couso en Moaña