O grupo municipal de Marea sinala que segundo os datos do IGE, Vigo é a urbe na que menos uso se fai do galego. “Na nosa cidade arredor do 15% de persoas utilizan de xeito habitual, mais non exclusivo, o galego. As conclusións seguen sendo demoledoras e todos os estudos sinalan que o uso do galego será anecdótico para as vindeiras xeracións de vigueses e viguesas” apunta Oriana Méndez, concelleira da Marea no Concello.