Pé de foto

  • Elixo esta foto para acompañar esta entrevista porque sempre estiven moi unida a miña nai, Aurita, porque a ela lle debo moito da muller que son e porque eu mesma acabo de ser nai de Icía e de golpe comprendín toda a coraxe e corazón cos que me guiou na vida.

- Principal trazo do seu carácter?

- A templanza.

- Que cualidade aprecia máis nas persoas?

- A honestidade.

- Que espera dos amigos?

- Que o sigan sendo sempre.

- O seu principal defecto?

- Demasiado perfecionista.

- A súa principal virtude?

- Son unha persoa dialogante.

- A súa ocupación favorita?

- Camiñar polo monte.

- A súa idea da felicidade?

- A día de hoxe pasar o día coma miña filla Icía.

- Cal sería a súa maior desgraza?

- Que lle pasase algo a miña filla.

- Se non se dedicase á política, que faría?

- Montaría a miña propia empresa.

- Unha novela que sempre volveve reler.

- La mujer en una isla.

- O mellor consello que lle dará ao seu fillo/a?

- Sé sempre libre.

- Un heroe/heroína de ficción?

- Pipi Langstrum, Pipi Calzaslargas.

- E un heroe real?

- A miña irmá, porque traballa de caixeira nun supermercado e foi unha desas mulleres que estivo ao pé do cañón nesta pandemia.

- Que hábito alleo non soporta?

- A impuntualidade.

- Unha manía súa da que non se libra?

- A puntualidae.

- Ten un lema?

- Non rendirse nunca.

- Que plataforma de pago (Netflix, HB0, ?) ten na casa?

- HBO.

- A última serie de tv que a enganchou?

- O conto da criada.

- A última película que foi ver ao cine?

- Arima, de Jaione Camborda.

- O concerto que nunca esquecerá?

- Un concerto de Guadi Galego e Xavier Díaz no que presentaban un disco conxunto no Teatro Principal de Santiago.

- Con que político da oposición iría tomar un café para falar, pero non de política?

- Con Mónica Oltra, de Compromís.

- Que político que non é do seu partido lle parece admirable?

- Angela Davis.

- Algunha vez se arrepentiu dalgo que dixera durante unha liorta política? Cando??

- Non, non me dou conta de ter dito ningunha cuestión da que me arrepinta nun debate politico.

- Se tivese que desfacer algunha decisión política, cal sería?

- Moitas, pero unha que teño claro que desfaría é o decreto da vergoña contra o galego.

- Os políticos sempre opinan de todo, un asunto no que lle custe formarse unha opinión?

- Unha cuestión na que non teño unha opinión definitiva é en como combater o discurso da intolerancia nas redes sociais, pregúntome que é máis eficaz, replicar con argumentos aínda a risco de retroalimentar ese discurso ou ignoralo para non contribuír á difusión de mensaxes tóxicas que moitas veces parecen non ter máis intención que a de que provocar ou simplemente ganar seguidores.

- Practica algún deporte de forma habitual? Cal?

- Ultimamente andar, se teño algo máis de tempo, ioga.

- As súas vacacións inesquecibles?

- Un fin de ano que pasei en Nüremberg.

- Un lugar para perderse?

- O Courel.

- Cervexa ou viño? Ou ningunha opción?

- Cervexa para terraceo e viño para comer.

- Sabe cociñar? Cal é o seu mellor prato?

- Si, cociño ben. Dáseme ben a cociña mexicana e quédame moi rica a chonita pibil.

- Sabe pór unha lavadora?

- Por suposto, dame que está pregunta non está pensada para as candidata mulleres..

- A última vez que lavou a louza?

- Teño lavavaixelas e póñoo case a diario.

- Leva no móbil contador de pasos? Cantos pasos adoita camiñar?

- Si. Habitualmente sobre 6.000 pasos.

- Cal é o seu punto débil de saúde: dor de lombo, colesterol alto...?

- A gorxa, costumo ter dor de gorxa.

- Cal é a app sen a que non imaxina a vida?

- Uso diversas apps pola súa utilidade práctica, pero imaxino a miña vida sen elas.

- Está a favor da xestación subrogada?

- Non, é outra maneira de explotación do corpo das mulleres.

- E regularía ou aboliría a prostitución?

- Aboliríaa sen dúbida se tivese a capacidade de facelo quero e facer todo o que estea na miña man para construir unha sociedade na que ninguén teña que prostituirse.

- A favor ou en contra da eutanasia?

- A favor, as persoas temos todo o dereito a unha morte digna.

- Algunha vez fumou un porro?

- Teño dado algunhas caladas ocasionalmente, pero non era o meu.

- Vostede recicla? A que bolsa van o cepillo de dentes e os cueiros?

- Si. Uso cepillo de dentes eléctrico e sei que ten que ir ao punto limpo, os cueiros ao contedor de lixo orgánico.

- Que lle diría a un fillo que lle confesa que é transxénero?

- Que ten todo o meu apoio para vivir a súa vida como máis feliz se sinta.

- A última vez que chorou.

- O día que naceu a miña filla falando por teléfono co meu compañeiro que estaba fora de Galiza por traballo en Connecticut (EEUU).

- Se fose un animal, cal sería?

- Unha anduriña percorrendo os ceos.

- Que lle fai sentir máis orgullosa de Galicia?

- A xente deste país, traballadora e loitadora como poucas.

- Onde se imaxina dentro de seis anos?

- Se os galegos e as galegas me dan a súa confianza, traballando por este país desde a Presidencia do Goberno de Galiza.