-A guerra interna que se desatou coas primarias, pode ter un custe electoral para En Marea? Pode haber un trasvase de votos ao BNG?

-Eso dependerá de se somos capaces de recompoñernos a partir de agora. Se camiñamos todos no mesmo camiño non haberá penalizacións de ningún tipo.

-Pero só faltan cinco meses para as municipais. Non foi un pouco suicida levar o enfrontamento interno ata estes extremos?

-En Marea non se presenta ás eleccións municipais. Prenséntanse as mareas municipais. E cada quen escolleu de que maneira quería implicarse nesta batalla.

-Con quen debe ir En Marea ás eleccións europeas? Con Unidos Podemos ou con outras forzas como Compromís?

-Temos unha alianza estratéxica no Unidos Podemos, que é evidente que ten que mellorar. O proxecto de En Marea é un proxecto soberano, que debe entenderse de igual a igual con outros proxectos irmáns. En Marea non pode estar subordinada a ningún outro proxecto político. Temos uns aliados preferentes, que son Unidos Podemos. Iso significa que teñan que ser os únicos aliados? Rotundamente non. O espazo estatal é bo para entendernos con outras forzas políticas irmáns. Debemos buscar unha alianza ampla na que se recoñeza a En Marea en pé de igualdade.

-E para as próximas eleccións xerais se concurren con Unidos Podemos manteranse dentro do seu grupo parlamentario ou marcharán como fixo Compromis?

-En Marea concurrirá ás eleccións xerais de maneira que se asegure ter grupo parlamentario propio. Deste xeito, non aceptaremos ningunha fórmula xurídica que non nos permita ter grupo propio. Aprendemos do pasado. A situación é mellorable.

-A nivel persoal, doeulle que despois de que o foran buscar ao Tribunal Superior de Xustiza fai dous anos e medio e lle pediran que abandoase a súa praza de maxistrado para ser candidato de En Marea, lle desen a espalda despois das eleccións e empezaran os movementos para desprazalo do poder?

-Eu viña sen manual de instruccións. Preferiría que as cousas foran doutra maneira. Eu son un optimista impenitente. Tocoume a min, pero podíalle tocar a calquera porque este espazo aínda está en conformación.