Un ano máis chegan as esperadas festas patronais de Lalín na honra á Virxe das Dores que, este ano, todas e todos os lalinenses ímos celebrar como se merece. Despois de dous anos de contención, parece que o verán deixou atrás as precaucións a que estivemos sometidos e puidemos desfrutar de exposicións, festivais, actuacións musicais de bandas de música, concertos, actividades e xogos infantís e xuvenís, competicións deportivas, celebracións gastronómicas, roteiros para o desfrute da paisaxe e da natureza, xornadas para maiores... todo iso foi motivo para ir perdendo os medos e desfrutar dos longos días do verán que estamos a piques de despedir.

O Museo Ramón M. Aller

Un dos edificios municipais que más actividades presenta ao longo do ano é o Museo Municipal Ramón María Aller. Comezou en xaneiro cunha exposición do artista Diego de Giráldez, creador e único representante do Realismo NAS (Naturalismo, Abstracción e Surrealismo), un estilo que fusiona aspectos das tres tendencias estéticas.

Durante os meses de abril, maio e principios de xuño celebramos o Día das Artes de Galicia 2022, coa homenaxe ao pintor galego, lalinense, máis relevante da plástica galega do século XX, Xosé Otero Abeledo, “Laxeiro” (Lalín 23-06-1908 – Vigo 21-07-1996), elixido pola Real Academia Galega de Belas Artes.

A exposición comisariada por Carlos L. Bernárdez, levou por título: Foi un home. Laxeiro en América (bos Aires, 1950-1970). Foi inaugurada no Museo Municipal cunha selección de pezas das máis importantes e representativas dos anos en que Laxeiro viviu en Arxentina, época de plena madurez que tivo presente sempre os temas galegos da súa formación e das vivezas de neno, pero con gran evolución na forma. As vivencias na capital bonaerense con un ambiente cosmopolita, estivo aberto a outras influencias, en contacto con artistas chegados de outros continentes, feito que o leva a unha maior agresividade no trazo, chegando ao expresionismo abstracto, sen perder a temática da súas etapas anteriores. Nesta exposición pasaron arredor de 3000 persoas. Na obra de Laxeiro está presente a estética do granito, observada en directo. Sempre que o tempo llo permitía, acudía a Catedral de Santiago a contemplar o Pórtico da Gloria. O aprendizaxe in sito dos grandes mestres da pintura no Museo do Prado (Goya, Rembrandt e Velázquez) que lle mostrara cando era neno a súa mestra Dª. Teresa, e que puido ver cando a súa estadía en Madrid, na Escola de San Fernando, becado polo Concello de Lalín no ano 1931 e pola Deputación Provincial no ano1932. Esta vivencias fixeron que nas creacións de Laxeiro tivera presente sempre o rural galego, cheo de fantasía e fabulación co mundo da Romea, o carnaval, as lendas e romarías.

Presentación do libro Os Balbinos. BERNABE

O peche de esta exposición, foi presentado un documental: Laxeiro, sempre Laxeiro, encargado polo Concello á produtora Arthur Gordon de Emilio F. Fernández. Nese mesmo acto, a Banda de Lalín interpretou unha peza: Fantasía musical de Laxeiro, autoría de José Luís Represas. Ademais foi presentado o cadro: Xuntanza con Laxeiro, pintado por Carlos Santos, que representa aos amigos de Laxeiro.

No mes de maio e xuño o museo albergou a exposición de José Antonio Fondevila. A mostra contaba con máis de corenta obras de pintura e escultura.

En agosto estiveron expostas obras creadas na II Xuntanza da Algarabía, comisariado por María Ferradás. No mes de setembro foi inaugurada a exposición titulada Quentiños da forxa, que mostra as creacións de corenta artista que o longo dos anos participaron na Xuntaza Internacional de Piloño. Exposición encadrada dentro do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

Este xoves, día 22 de setembro, foi inaugurada unha exposición que leva por título: O verro. Paco Lareo, con unha vintena de cadros e esculturas, que representan varias etapas do bo facer de Paco Lareo, e queremos recordalo no X Aniversario do seu pasamento. Lareo foi e é sigue sendo un referente no mundo da arte, dinamizador e promotor sociocultural do rural galego; puxo a Piloño, A Solaina, no mapa cultural de Galicia. O 4 de novembro será inaugurada a exposición colectiva da Forxa Internacional de Piloño. 

Para rematar a programación das exposición do Museo, en decembro poderán visitar a exposición Acción Laxeiro, fotogramas, obra do fotógrafo Xurxo Lobato, que nos vai a permitir ver o proceso creativo dunha obra que Laxeiro fixera no ano 1987, na inauguración de unha exposición celebrada na Galería Trinta de Santiago de Compostela, sendo observado por un cento de amigos e artistas que o acompañaban ese día.

Pero Lalín é un pobo que lle gusta desfrutar da boa música. Foron varios os concertos das tres bandas deste Concello de Lalín nas principais rúas do pobo e nestas festas poderemos seguir desfrutando. P Houbo programación de teatro para todas las idades e gustos; Xacobeo Clarinete Fest Lalín; Lalín con Ritmo; Xoga Lalín; Titirideza; Visionados e conferencias desde o 1º observatorio de Galicia; Lalín Marcha; Concursos de tapas; I aniversario do Museo do Xoguete; presentación dos catro libros de Os Balbinos de Toño Núñez, Xoán Carlos García Porral e Gabriel Iglesias (ilustrador); I Xornadas Técnicas sobre a Cultura Castrexa na Comarca de Deza, coordinadas por Antonio Presas; posta en marcha do club de lectura Mirlotil por Lucia Espiño. Por último, a doazón para o Museo de fondos documentais e material da familia Vidal Abascal en relación don D. Ramón e o artista Laxeiro polos fillos Félix e Enrique Vidal Costa coa mediación de Antonio Vidal Neira.

Entre os recoñecementos para xente deste Concello, destacar a de Daniel González como cronista Oficial do Concello de Lalín; a de Celso Fernández Sanmartín co Premio Rebulir da Cultura Galega 2022, na categoría de Artes Escénicas, polo seu labor como difusor da tradición oral e popular galega; a Xoán Carlos García Porral polo Loureiro de Ouro 2022, do Foro para Cultivos Culturais de Lalín e polo Careón de Son d´Aldea (concello de Palas de Rei), en recoñecemento a labor como escritor e dinamizador da cultura galega. Este venres lerá o pregón das festas de Lalín.

Ánimo e moitos parabéns ao Consello de Redacción do Seminario de Estudos de Deza e a Coordinadora do SED, Concelleira de Cultura, por sacar adiante as novas publicacións de Deza Básicos e o Descubrindo nº 15 que, antes de que remate o ano, teremos o gusto de desfrutar delas. Estas son solo algunhas das actividades que recordo, pero quedan un cento máis sen nomear...

Parabéns a todas e todos os lalinenses que co seu traballo diario fan de Lalín un lugar idóneo para habitar. ¡Viva Lalín! ¡Viva a Virxe das Dores!