Un ano máis, os comerciantes de Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis únense para presentar a nova colección de Outono - Inverno nun espectacular desfile de moda, complementos, perruquería e onde, sen dúbida, poderán pasar unha tarde de diversión cun presentador galego de altura.

Dende hai 15 anos, Pontiñas Centro Comercial y de Ocio Gadis celebra, sempre con grande expectativa, un desfile para presentar as súas novas coleccións. Unha edición cada vez máis exitosa que contou o pasado ano cun público numeroso e moi variado especialmente entregado ao espectáculo ofrecido.

O desfile contará con gran parte dos comercios do centro comercial representados, cada un, por modelos profesionais e/ou amateurs. Nesta ocasión o desfile leva por bandeira e lema a "Moda sen aditivos", representando a moda de aqui, a do comercio local, a galega. "Realmente mercar no noso Centro Comercial é mercar no pobo de Lalín, practicamente a totalidade dos nosos comercios son comercios locais e o desfile está protagonizado por eles, por iso nos parece tan importante reafirmarnos coma unha parte activa do comercio galego" así nolo explica Andrés Bahillo, director xerente do Centro Comercial.

Entre as novidades deste ano atópase o sorteo de un total de 500 euros para os presentes, que os visitantes poden gañar de xeito inesperado. Un dos platos fortes será o presentador co que contarán nesta edición. Un importante persoaxe da televisión que, de seguro, lle encantará ao público e os comerciantes.

Alda Nenos, Clochett Intimo, Gadis Hiper, Florentino Colección, Run Rock, Arnela, Joyería López Romero, Fotografía Bernabé, Coqueterías Lalín, Rossa Sixto Estilistas, Huella Lalín, Cassa Chic, Bertha Hogar, GyN Complementos e VisionLab Store son algúns dos comercios que poderás ver desfilar o próximo 26 de outubro a partir das 20.00 horas.

Todos eles poñen a súa ilusión, ganas e traballo para amosar o mellor de si mesmos, nun acto que está deseñado especialmente para deleite daqueles aos que lles gusta a moda, as tendencias e buscan pasar un intre agradable en boa compaña.