OE+ Centros Auditivos, empresa 100% capital galego, ven de situarse novamente á vangarda tecnolóxica no mundo da audioloxía. Lucas Fernández, xerente de OE+ fálanos sobre as novidades que presentan.

CPCA-Psicoacústica

Dende primeiros de ano e tras un periodo de formación dos seus profesionais, ofrecen nos seus 3 centros auditivos unha nova técnica para mellorar o rendemento dos audífonos: a Categorización Psicoacústica. “A CPCA consegue un axuste individualizado como ate agora non podíamos conseguir. Unha inversión deste tipo garantenos poder ofrecer ao cliente o mellor resultado posible durante a sua adaptación, con resultados espectaculares”. Para isto, matiza, a formación previa do personal, así como os coñecementos e experiencia acumulados son puntos esenciais para poder conseguir chegar a esa melloría. “Contamos con profesionais da audioloxía que teñen formación complementaria, o cal aporta unha diferenza radical coa nosa competencia: logopeda, intérprete de lingua de signos, enfermería con experiencia en ORL, óptica... xunto coa formación contínua específica de audioloxía, conseguindo así un manexo global do cliente e das suas necesidades cun trato de calidade.”

Calquera persona con audífonos

O uso desta innovadora técnica vai destinada a calquer usuario que pretenda mellorar a sua experiencia cos audífonos que xa ten. ¿Enton non é necesario ser cliente de OE+ ?. Fernández asegura que “non necesariamente. Calquer persona que use audífonos poderá solicitar unha consulta gratuita na que se evalúa esa posibilidade de mellorar.

Si o cliente está dacordo, procederase a aplicar a Psicoacústica, a cal será gratuita para os clientes que adquiriron os audifonos connosco, e terá un custe para aqueles que teñan audífonos mercados noutros establecementos. Os resultados xa se poden cuantificar nese mesmo día.”

A experiencia de OE + co uso da CPCA é que incluso aquela persona que considera que está ben adaptada pode percibir unha melloría. Os doentes oen a súa propia voz de forma máis natural, logrando entender mellor cando hai varias personas falando ou ruido de fondo. Esas son as duas situacións onde os clientes que xa probaron a psicoacústica nos relatan que consiguen mellorar moito máis.

“Hai moita xente contenta cos seus audífonos pero que non sabe ate onde podería incrementar esa melloría que xa perciben. E sí, hai tamen clientes que non están de todo contentos co uso dos seus audífonos. Úsanos 3 ou 4 horas ao dia, ou so cando é imprescindible. A nosa intención é que esa xente acuda a OE+ a probar cómo se pode mellorar a calidade de audición sen chegar a mercar outros audífonos novos.

As vantaxes da impresión 3D

Outra das innovacións presentes xa no grupo OE+ é a impresión 3D. ”Actualmente estamos ultimando a formación das profesionais que temos no taller principal en Cee. Para a primeira semana de Marzo comezaremos xa a producción empregando unha impresora 3D con tecnoloxía laser (SLA) coa que podemos mellorar os acabados e os tempos de fabricación. A impresión 3D é o penúltimo paso antes da finalización do produto; previamente foi necesario tomar a medida do oído do cliente, procesala cun escaner 3D para dixitalizar a imaxe e logo tratar esa imaxe co software de modelado. Unha vez listo o arte final da peza, enviase a orde á impresora que pode reproducir exactamente o modelo virtual que tiñamos na pantalla do ordenador. A peza remátase cun curado UV e lacado da mesma.”

Moldes para audífonos, IEM (In Ear Monitor), tapóns tanto para Surf, baño ou piscina, protección auditiva… son algúns dos produtos que xa elaboran en OE+ e que en breve distinguiranse por un acabado dixital coa tecnoloxía de impresión 3D.