Conchi Fernández de CAFI Aula Nova e Emma Janeiro de CFR Vigo, chegan ao VI Foro de Educación co obradoiro "Petiscos de Polo Creativo", que nos explican coas súas palabras:

Neste obradoiro poderán probarse petiscos de diferentes actividades de creación e experimentación, todas elas posibles no marco do Polos Creativos, o novo programa da Xunta de Galicia para os centros educativos. Este menú degustación permite familiarizarse coas posibilidades do pensamento de deseño e resolución de problemas con bloques de construción, os etextiles, a robótica e a programación, a electrónica, o prototipado... Os asistentes organizaranse en pequenos grupos para rotar polas diferentes actividades para aprender facendo.