viii edición de faro da escola

Tiras cómicas para aprender galego

O CEIP da Cruz Budiño entrevistou a Luis Davila para o seu FARO DA ESCOLA » Así, deseñaron as súas propias viñetas mentres estudaban a variación da lingua

Os alumnos de 4º de Primaria foron os encargados de entrevistar ao artista.

Os alumnos de 4º de Primaria foron os encargados de entrevistar ao artista. / Cedida

Carla Mañas

As entrevistas son un dos xéneros máis populares, tanto para quen as escribe como para quen as le. Por iso, non extraña que sexan as actividades favoritas dos xornalistas de FARO DA ESCOLA.

Aínda que se temos que escoller unha páxina do xornal que olleamos si ou si, cal é? Pois claro! A tira cómica! Un momentiño divertido entre tantas noticias.

Preparalas é un traballo que leva moito esforzo e creatividade. Ben o saben no CEIP da Cruz Budiño que conectaron por videochamada con Luis Davila, o viñetista de FARO, para explorar o seu traballo como artista gráfico e, de paso, practicar as tan interesantes entrevistas.

Coas súas preguntas querían “pescudar información que non se atopa no internet”. /

Coas súas preguntas querían “pescudar información que non se atopa no internet”. / / Cedida

Foi a clase de 4º de Primaria a encargada de documentarse e preparar as preguntas que lle fixeron na sesión de Lingua Galega, acompañados pola súa titora Leticia Riveiro.

Para prepararse correctamente, a rapazada foi provista de varios exemplares do Faro de Vigo, nos que buscaron as tiras cómicas que este ilustrador publica a diario no xornal, para despois analizalas e compartir as súas o resto do grupo.

Para formular as preguntas da entrevista, a rapazada centrouse nos aspectos persoais e profesionais do artista, co obxectivo de pescudar cousas del que non puidesen ser atopadas na Internet. Además, esta entrevista finalizou cunha serie de preguntas curtas cuxas respostas so podían ser “si” ou “non”, entre as que atopamos algunhas tan particulares coma se cre nos extraterrestres.

sefunda parte da entrevista era un cuestionario de si ou non.

sefunda parte da entrevista era un cuestionario de si ou non. / Cedida

Despois, coas tiras cómicas analizadas e tras aprender co mellor mestre sobre a súa elaboración, a rapazada tivo a oportunidade de realizar o seu propio proxecto paralelo á entrevista: unha tira cómica propia, cuxo proceso contou con diversas fases: a escolma das personaxes, do contexto, da ilustración, da linguaxe a utilizar…

Ademais, os nenos e nenas amosaron a súa curiosidade pola gheada e o seseo, moi empregada polo ilustrador nas súas tiras cómicas e coa que dota de máis realismo e familiaridade ás súas personaxes. A partir desta peculiaridade lingüística, exploraron en que zonas de Galicia é máis abundante e foron animados a incluílas nas súas ilustracións.

Coa súa titora Leiticia organizaron a videochamada.

Coa súa titora Leiticia organizaron a videochamada. / Cedida

O seguinte paso para todo xornalista é transcribir e pasar a papel a conversación que mantivemos co entrevistado. Neste caso, como conta César López, o coordinador do proxecto de Faro da Escola no CEIP da Cruz Budiño, documentaron a entrevista gravándoa, para non perder ningún detalle “e agora estou axundando aos rapaces a pasala ao Scribus, e cada alumno e alumna inventaron unha tira co programa gratuito lywi, e que montaron durante as clases de plástica”

Atoparemos esas tiras no seu FARO DA ESCOLA? O certo é que cada vez queda menos para descubrilo: estamos no derradeiro mes de participación! Moita sorte a todos!