crítica musical

“Descubrimos a novos artistas en galego grazas á crítica musical”

No CEIP da Cruz-Budiño o alumnado púxose na pel dos xornalistas musicais e preparou pequenas críticas e análises dos últimos lanzamentos locais

Baseáronse na estrutura de críticas xornalísticas.

Baseáronse na estrutura de críticas xornalísticas. / Cedida

Unha das categorías máis coñecidas e completas que se premian no proxecto de FARO DA ESCOLA é a de Mellor Suplemento. Estes están repletos de reportaxes sobre temas máis específicos (ciencia, arte, literaltura...) e deixan voar a creatividade dos estudantes.

Un dos centros que xa comezou a preparar o seu sumplemento é o CEIP da Cruz-Budiño, que este ano adícao á música.

Ao fin e ao cabo, este centro de O Porriño xa é experto en entrevistar e escribir sobre cantantes (como fixo na VII Edición do proxecto, encandilando ao eurovisivo Salvador Sobral ata colarse nos seus stories de instagram), e o 2023 non será menos.

Suplemento, entrevistas e crítica musical

Para iso, xa dende xaneiro e durante as vacacións de Nadal, os xornalistas encargados do FARO DA ESCOLA están a preparar as bases temáticas do suplemento. 

Cada grupo analizou un LP.

Cada grupo analizou un LP. / Cedida

O mestre coordinador do proxecto, César López, comenta que plantexaron varias ideas coas que completar as páxinas: “Por un lado, o alumnado preparou en pequenos grupos as súas críticas de discos galegos, xa listas para pasar ao Scribus. Por outro, xa pensaron as preguntas para entrevistar a Rozalén, e nos próximos días faremos unha posta en común e a selección das definitivas”.

Entevistas, críticas... tarefas ideais para que os estudantes se sumerxan no chamado xornalismo lento, aquel que se alonxa da rapidez da actualidade e pode traballar con calma en temas concretos.

Como viviron os rapaces e rapazas do Cruz-Budiño esta actividade? Según nos contan, realizouse en grupos pequenos, cada un coa tarefa de criticar (que non desollar) un disco de música en lingua galega.

“O noso grupo traballou o disco de Xoana, unha cantante de Porriño (¡o noso pobo!). Non a coñecíamos e descubrimos música nova”.

Unha vez escollido o álbum, cada un dos estudantes fixo unha escoita individual na casa, tomando notas dos temas que máis lle gustaron e reparando nos detalles máis interesantes: a instrumental, a letra, os coros, as colaboracións...

Despois, reunidos na clase, fixeron unha posta en común dos seus apuntes, coa que conformaron as críticas definitivas que, mentres escribimos estas liñas, son maquetadas no Scribus.

Sempre é necesaria unha guía, como eles mesmos nos contan: “No noso grupo tocounos criticar o disco de Xabier Díaz (Levantarse e caer). Escoitámolo na casa tomando notas, e na clase a nosa titora ensinounos modelos de críticas musicais para prepararnos antes de facelo”.

A posta en común das críticas musicais do alumnado.

A posta en común das críticas musicais do alumnado. / Cedida

De clásicos galegos a artistas indies

“É moi difícil facer unha crítica, pero fai que aprendamos máis sobre o disco e sobre o artista”. Unha tarefa complicada que conlevou traballo extra, pero que espertou novos intereses e afianzou a artistas consagrados. 

De feito, en moitas ocasións eran os propios estudantes os que elixían os discos que querían analizar. 

Algúns, dos seus artistas favoritos: “Nós escollimos a Tanxugueiras polo seu boom no Benidorm Fest”. Outros, de figuras máis descoñecidas coas que comparten casa: “O noso grupo traballou o disco de Xoana, unha cantante de Porriño (¡o noso pobo!). Non a coñecíamos e descubrimos música nova”.

Tamén permitiu afianzar a artistas clásicos: “No noso grupo comentamos A irmandade das estrelas, 25 aniversario, de Carlos Núñez. Elixímolo pola súa importancia dende anos atrás e porque colabora con Rozalén no seu novo disco”; e recordar figuras que xa non están: “Nós traballamos Son galego, Son cubano, de Roi Casal, que colaborou con Pablo Milanés, recentemente falecido”.

Estamos desexando ler as críticas no seu FARO DA ESCOLA, esperamos que sexan benevolentes!