O alumnado e mestres do CEIP Nosa Sra dos Remedios de Ponteareas, celebraron o Día da Paz baixo o lema " Un sorriso pola Paz ", xa que decidiron dedicar este ano a traballar a saude bucodental e todas as actividades xiraron sobre este tema. A primeira actividade foi a representación do conto do "Rato Pérez" por parte dos alumnos de 6º de Primaria dirixidos pola mestra de Música, Lucía Groba. Os alumnos de 6º falaron sobre a importancia de ter unha boa saúde bucodental. Outros alumnos, tamén de 6º, leron o Manifesto da Paz. Despois entregáronse os premios aos gañadores do concurso "Detectives Verdes", para concienciar ao alumnado de coidar os dentes. Rematou o acto cantando a canción " Solo pido paz", de Jesús Mondéjar.