Está pasando

And the 12 points go to... CRA de Valga!

Previo á gala europea celebrouse á IV Edición de Festivalga

Finlandia foi parte importante do Festivalga, con Cha Cha Cha

Finlandia foi parte importante do Festivalga, con Cha Cha Cha / Cedida

Eurovisión. Quen non atende ás cancións, fai cábalas sobre os seus favoritos, aprende as letras das máis pegadizas e calcula quen levará máis twelve points?

Ningunha das tradición eurovisivas é tan divertida e especial coma a do CRA de Valga, que celebrou a semana pasada a IV Edición do Festivalga!

Actuacións en directo e entrega de premios na que participan non só os estudantes do centro, senon tamén alumnado de centros cercanos, familias e profesorado!

Valga it's living a celebration.

Valga it's living a celebration. / Cedida

Celebrada no auditorio de Cordeiro, a gran gala final do evento organizado por este Colegio Rural Agrupado intercalou actuacións en directo e videoresumenes de temas: algúns deles das máis famosas desta edición de Eurovisión (Cha Cha Cha), de anos moi anteriores (La La La) outras participantes do Benidorm Fest que quedaron pegadas na nosa cabeza (Nochentera, tamén interpretada pola Escola de Forno) ou incluso de Eurojunior (Antes muerta que sencilla).

O 9 de maio finalizou o prazo para anotarse,  e automáticamente comezou o proceso para que os participantes grabasen e enviasen os seus vídeos, nos que representaron calquer canción do seu gusto coa única norma de que participase na preselección ou chegase ao Festival da Canción en calquer momento da historia.

A gala estivo presentada por Adrián Baloira (director) e Antia Piñeiro (Secretaria), que presentaron a un total de 30 participantes repartidos entre Valga, Ordes, Pontevedra, Ponteceso, Vigo, Vilaboa...

"O certame abriu o plazo o 29 de abril, coincidindo co Día da Danza" explican dende o centro "e rematou o 9 de maio, o Día de Europa. Os vencedores foron elixidos por un xurado popular mediante as redes sociais e un xurado profesional da Comunidade Educativa o CRA de Valga".

Durante a gala, a audiencia disfrutou de seis actuacións en directo (da Escola de Campaña, Chenlo, Ferreirós, Forno, Vilarello e Xanza) e unha colección de vídeos musicais do resto de participantes.

As categorías

Con trinta participantes e dezaseis premiados, a división por categorías (con catro premiados cada unha) foi a seguinte:

Categoría infantil individual

Os vencedores foron Antía Mosteiro e Antía Ares, ambas con actuacións de Antes muerta que sencilla; Zeltia Romero con La, La, La e Noel Jamardo co cómico Baila el Chiki Chiki.

Categoría infantil grupal

Distinguiron os traballos da Escola de Pazos do CRA Nosa Señora do Faro con Musica Leggerísima; a aula de 3 anos do CEIP Mesón do Vento, con Terra; o alumnado de infantil do CPI do Toural con Eres Tú e Ainoa Uxía e Laura do CEP Ferro Conselo, que interpretaron Brujería.

Os mestres animáronse con Lordi e o seu Hard Rock Hallelujah

Os mestres animáronse con Lordi e o seu Hard Rock Hallelujah / Cedida

Categoría persoas adultas

Os premios os levaron Raquel e Cris por Mueve el obligo; o profesorado do CEP Ferro Couselo por Europe's Living a Celebration; os mestres da Escola Infantil Municipal de Valga con Nochentera e o CRA de Vilaboa con, de novo, Antes Muerta que sencilla.

Categoría Familias

A derradeira categoría premiou a participación de Álex García e familia e Martiño e familia por Bailar Pegados; Gael Otero e familia por Que me quiten lo bailao e por último, Breixo; Hugo Rodríguez e as súas familias por Bandido.

Pero non todo rematou aquí! E e qué antes da despedida, cando parecía que o micrófono de cristal (de Valga) xa tiña propietarios, chegou a actuación sorpresa dos profes interpretando... Lordi! Un verdadeiro Hard Rock Hallelujah para celebrar a música no CRA!