Naquel momento o alumnado universitario era 100% masculino xa que, ata había ben pouco tempo, as mulleres non podían ir á universidade. Foi o 8 de marzo de 1910, no século pasado (o século XX), cando o Goberno promulgou o Real Decreto que, por fin, permitía ás mulleres acceder ás ensinanzas universitarias e poder así estudar unha carreira; un paso grande no camiño cara a igualdade entre os xéneros masculino e feminino.

O pasado venres día 8 de outubro celebrouse o Día da Ciencia en Galicia. Dedicouse este ano a Jimena Fenández de la Vega, médica e pioneira no campo da xenética en Galicia e España.

Por que é importante ou que ten de especial? Ademais de chegar a ser unha figura moi importante como xenetista, Jimena e a súa irmá xemelga Elisa, foron as primeiras mulleres licenciadas en Medicina pola Universidade de Santiago (USC), sendo así referentes da incorporación das mulleres á universidade.

Jimena e Elisa, xemelgas ,foron as primeiras licenciadas en Medicina na Universidade de Santiago, sendo así referentes na incorporación da muller á universidade

Foi no ano 1910 cando se aprobou a norma que permitía ás mulleres estudar unha carreira universitaria e, tres exercicios despois, no curso 2013-2014, entraron na USC Jimena e Elisa, estudantes brillantes. Elas querían ser médicas, seguindo os pasos de seu pai: Wenceslao Fernández de la Vega Pasarín. Conseguiron o seu propósito, a pesar de que nese momento no que elas empezaron a carreira aínda non era habitual ver mozas nas aulas das universidades. Algunhas das que antes desas datas quixeron ir á universidade, atravéronse a disfrazarse de homes para poder asistir ás clases impedindo así que as identificaran, porque sendo mulleres non podían ocupar os pupitres.

Sen embargo, aínda que a normativa, cando Elisa e Jimena empezaron a carreira, xa permitía ás mulleres ir á universidade elas tiveron problemas porque algunhas persoas, contan neste caso que foi un profesor, aínda non entendían nin respectaban que as mulleres tamén poideran estudar. Por iso un episodio desafortunado nas aulas levounas a examinarse por libre. Contan tamén que se mofaban delas. Finalmente licenciáronse con sobresaínte e matrícula de honra. Jimena, segundo se conta no espazo www.mujeresconciencia.com, levou o Premio Extraordinario Fin de Carreira. Tamén a concesión da gran Cruz de Alfonso XII por méritos académicos.

Jimena continuou estudos e investigacións en Alemania, Suíza, Australia, Italia, Viena...Con numerosas publicaciones, investigación, libros, artigos, con actividade en Madrid e Compostela, principalmente. Ela é a segunda muller á que se lle adica o Día da Ciencia en Galicia: a primeira foi a oceanógrafa Ángeles Alvariño (ano 2015).

Actos no Día da Ciencia en Galicia, que organiza a RAGC

O pasado venres, ademais de celebrarse o acto do Día da Ciencia no Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela para homenaxear a Jimena María Francisca Emilia Fernández de la Vega y Lombán (nombre completo) como Científica Galega do Ano 2021, celebración que organiza a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), presidida por Juan Lema, houbo tamén outros actos para honrar a súa figura.

Acto no Pazo de Fonseca.

Un deles tivo lugar no Parque das Ciencias (fronte ao Colexio La Salle) en Santiago, coa colaboración do Concello de Santiago e a Deputación de Pontevedra, coa plantación nese parque dun exemplar de camelia xapónica dedicada a Jimena. Na xornada tamén firmou no libro de honra da RAGC a presidenta do Consello de Estado, exvicepresidenta do Goberno e sobriña de Jimena, María Teresa Fernández de la Vega (presente en todos os actos da xornada dedicada á figura da súa tía, xunto con outros familiares), acompañada da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, entre outras autoridades.

Plantación dunha camelia no Parque das Ciencias.