Un tecido de lembranzas
Co engado das raiceiras

Un tecido de lembranzas / Francisco Martínez Bouzas
Francisco Martínez Bouzas
Xesús Rábade Paredes é un autor de dilatada traxectoria que se singularizou no ano 1977 por subscribir o manifesto poético renovador Cravo fondo. Arestora, agasállanos cun texto que pode lerse a xeito dunha recompilación de memorias da súa existencia, entretecidas con certas doses de ficción. Un libro, pois, moi persoal dunha persoa que fixo de todo: carteiro, emigrante en Suíza, profesor e escritor multixénero que cultiva a narrativa, a lírica o ensaio e mais a tradución.
Escritor contracorrente, afastado de modas e oportunismos e cunha opción irrenunciable pola lingua, Rábade Paredes achéganos agora a recuperación das vivencias da infancia de neno labrego nas estadías de Sistallo: un mapa existencial, xerme das súas arelas de crear e recrearse, os primeiros amores, o combate contra a Ditadura e sobre todo reverse no engado dos seus fillos. E como esta, centos de evocacións que suturan o saibo e o magma dunha vida: os primeiros versos cos trazos dun rapaz campesiño, os sentimentos do amor, da terra e da morte. O seminario rexeitado polo fillo; animador de bailes nas verbenas das noites invernizas. A separación da Igrexa por culpa dunha seita de ricos que traizoaron a Cristo. Relación familiares, moitas veces pouco verbalizadas, os pais que lle dan a lingua que os libros lle negaban. O instituto de Lugo coa sorte de dous profesores diverxentes dos ensinantes daqueles anos: María Victoria Moreno e Xesús Alonso Montero; o casamento con Helena Villar, o nacemento dos fillos...
Pouco máis podo dicir na brevidade destas liñas verbo deste libro que ten o engado de amosarnos as raiceiras, o couce e as ramificacións dunha existencia tal coma un texto novelesco.

Portada
RÁBADE PAREDES, X., A luz co tempo dentro, Editorial Galaxia,2022, PVP. 15€
Suscríbete para seguir leyendo
- Un podólogo gallego señala los peores calzados para la fascitis: «Deja de utilizarlas, no sirven para nada»
- Un camionero en pruebas no va a trabajar por enfermedad, le dan la baja, la empresa lo despide y la Justicia la avala
- Una podológa gallega, contundente con llevar crocs en verano: «Lo ideal es que no las utilices»
- «Estoy preparando las maletas para mi viaje a la eternidad»
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Las fiestas de Coia, canceladas de forma definitiva: no habrá ni verbena
- El ave que se «come» a la velutina
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar