Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vencede, poetas!

Con xestos e con verbas

Detalle da portada.

Sobre un verso de Federico García Lorca artella A. García Teijeiro un poema evocador da imaxe que suxiren tales verbas. Son palabras que soan a chuvia, a noite, a laio, a cabalo, a prata clara, a mar, a lúa, a luz e a brillo porque ese é o universo do granadino, ese é o xardín no que o poeta atopa inspiración para os seus sentimientos: nobres, tristes, agónicos, ledos, festivos. Todos eles xorden do contacto coa terra, coa xente, coa natureza, mesmo co máis fondo e co máis afastado, onde teñen sentido as bágoas, onde as ás das bolboretas se visten de ouro porque a vida constrúese aquí e alá con sons, con xestos e con verbas.

A nosa a realidade, a realidade semella ser parella en calquera parte do planeta, basta identificala, interpretala, creala e recreala como vén facendo o poeta vigués na súa obra, como no seu tempo fixo o andaluz e como noutrora deseñaron outros moitos. A poesía é esencia e nos versos do poemario No xardín do poeta, que vén de publicar Edicións Xerais de Galicia, cobra especial significado a verdade como forma de entender o que estaba oculto, de tal forma que as palabras que emprega, escollidas intencionadamente inxenuas pero que están cargadas dun fondo lirismo, permite aos lectores comprender que na sinxeleza de formas, no verso curto, no paralelismo reiterado, nos silencios ou nas suxestivas imaxes exprésase máis do que di, enténdese o mundo lorquiano con ollos de actualidade, achégase coñecemento e traspásase o racional para buscar acubillo no interior, na ventaxa expresiva da poesía convertendo a palabra en auténtica. “Poetas, espertade do seu letargo/ a todos os que dormen todavía./ Dádenos leis e dádenos a vida, oh héroes./ E vencede!/ Pois como Baco tedes dereito á vitoria”, dicía Friedrich Hörderlin.

Portada de "No xardín do poeta".

GARCÍA TEIJEIRO, A., No xardín do poeta (Ils. Víctor Rivas) , No xardín dos poetas, Xerais, Vigo, 2022, PVP. 13,25€

Compartir el artículo

stats