Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Oscars, 2021

Secuencia de "Mank".

Perante o difícil ano que están a padecer as artes escénicas, cinematografía incluída, a maquinaria publicitaria non pode nin debe deterse, por moito que as estreas en salas estiveran algo minguadas respecto de certames anteriores. A cerimonia de entrega dos premios da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas supón un dos espectáculos máis vistos en todo o mundo, emulado por outras cerimonias como os Grammy ou os Emmy, ou os premios concedidos polas Academias doutras latitudes. O espectáculo que rodea esta cerimonia deseña unha verdadeira metáfora da importancia que lle dan en Hollywood ao marketing e mais á comercialización dos seus produtos fílmicos. Os custos dunha superprodución poden duplicarse no orzamento total grazas á partida destinada á publicidade que, nalgunha ocasión, chega a igualar o custo total da rodaxe. Por esta razón, un galardón tan extraordinariamente mediático como é un Oscar depara visibilidade mundial; é dicir, aquilo que constitúe o obxectivo último de toda campaña publicitaria.

Agora ben, ante a pregunta, que premian estes galardóns?, a resposta enxerga visións enfrontadas: calidade artística? Producións eficientes? Renovación da linguaxe cinematográfica? Para proxectar luz sobre a cuestión, botemos man dun anaco de historia da cinematografía estadounidense. A primeira cerimonia dos Oscar celebrouse no ano 1929, no hotel Roosevelt de Los Angeles, na cal o premio á mellor película foi dividido en dous apartados e non dun xeito xerárquico. Wings (Alas en español) de William A. Wellman foi galardoada como “Mellor película, Produción”, mentres que Sunrise: a song of two humans (Amencer) de F.W. Murnau foi recoñecida como “Mellor película, Produción artística única”. A intencionalidade deste dobre premio consistía en homenaxear tanto as películas comerciais, Alas, como tamén as máis experimentais, neste caso Amencer, que non contaban co favor do público, pero que se consideraban imprescindibles para o desenvolvemento do cine como medio artístico. Porén, ao ano seguinte, a Academia decidiu eliminar a dobre categoría e outorgar un único premio á mellor película. Ese ano a distinción foi para The Broadway melody, de Harry Beaumont, o que deixaba claro que a categoría desaparecida foi “Mellor película, Produción artística única”, como demostra que o premio fora recollido polo produtor da longametraxe gañadora, e non polo seu creador artístico; é dicir, o director, costume que segue vixente o día de hoxe non só na cerimonia dos Oscar de Hollywood, senón tamén na entrega dos premios que se conceden en España, os Goya. Esta decisión levaba implícita unha mensaxe inequívoca: a intención da Academia era homenaxear as producións de nivel medio e tecnicamente competentes antes que unha proposta innovadora.

Ninguén pode negar que a alfombra vermella conduce cara a unha vantaxosa situación crematística, froito dunha maxistral manobra de marketin; porén, non existe a mesma unanimidade á hora de valorar a xustiza ou inxustiza artística destes galardóns, que non se define tanto polos premios concedidos, senón polos premios non concedidos. A ausencia no palmarés dos Oscar ao mellor director de nomes como Alfred Hitchcock, Orson Welles ou Charles Chaplin —os dous últimos si recibiron un premio honorífico—abonda na dificultade que entraña avaliar calquera contribución artística desde un presente apremiado pola necesidade económica dunha industria que funciona baixo os parámetros da mesma e que, de vez en cando, depara algunhas obras de arte.

Dúas favoritas

Esta fin de semana, en concreto a noite do 25 de abril, cun par de meses de retraso sobre a data habitual, vai ter lugar a cerimonia de entrega da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas estadounidenses. O evento, producido polo director Steven Soderbergh, terá lugar no Dolby Theater de Los Angeles, o escenario habitual e, aínda que presentará numerosas novidades por mor da pandemia, celebrarase de forma presencial. Como no ano anterior, non haberá un único condutor da cerimonia, senón que serán varias personalidades célebres as que presentarán os diversos premios.

A gran novidade deste ano reside no feito de que, para optar a un premio, non é imprescindible facer a estrea nunha sala cinematográfica. Debido ás circunstancias excepcionais, os filmes exhibidos exclusivamente en plataformas de streaming, como Sound of Metal (Darius Marder), entran tamén na carreira polos Oscars, aínda que todo apunta a que se trate dunha novidade puntual que non afectará os anos vindeiros.

Nas apostas, destacan dúas películas que parten como favoritas, aínda que as sorpresas non están descartadas. Mank, unha produción de Netflix dirixida por David Fincher sobre a escritura do guión de Citizen Kane, e Nomadland, da cineasta de orixe chinesa Chloé Zao, que xa obtivo o León de Ouro no Festival Internacional de Venecia

Compartir el artículo

stats