Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Co mellor Coetzee

Para alén do "apartheid"

En 2003, o escritor sudafricano J.M. Coetzee foi galardoado co Nobel, sen dúbida un premio ben merecido, grazas a unha brillante obra narrativa, na que disecciona a sociedade do apartheid e a posterior gobernada polo Congreso Nacional Africano. Coetzee e tamén tradutor, crítico literario e autor de ensaios. A obra que comentamos, Deshonra, é a mellor das súas novelas, foi levada ao cine baixo a dirección de Steve Jacobs, e vén de ser verquida ao galego.

O protagonista, David Lurie, profesor experto en poesía romántica e pouco apaixonado nas aulas é expulsado da Universidade; tras ser denunciado por unha alumna declara ter sentido a chamada de Eros pero négase a manifestar arrepentimento diante dun comité disciplinario. Una vez defenestrado, inicia unha caída en picado: viaxa a Cabo Oriental, onde a súa filla Lucy vive nunha granxa como unha vulgar campesiña. Alí tres negros violan a filla e a el préndenlle lume, aínda que consigue sobrevivir. David, divorciado de dúas mulleres, entabla relación con outra, mentres a filla, posiblemente lesbiana, queda embarazada, decide ter o fillo e non denuncia os agresores. A sombra da vinganza que segue ao apartheid sobrevoa a convivencia entre veciños. Lucy sofre a violación, pero as relacións do pai coas mulleres tamén adoitan ser de dominio e poder.

Na novela aparece o subtema do sacrificio dos animais que o lector quizá pode identificar co sufrimento das mulleres. Deshonra no fondo considera o tema do sometemento e da escravitude, da violencia e a violación, e Lucy semella aceptar o ritual da vinganza, ante un pai desubicado que non está de acordo con esta actitude e representa o antigo elitista depredador.

COETZEE, J.M., Deshonra, Rinoceronte, Cangas, 2021, PVP. 18,50 €

Compartir el artículo

stats