Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unha obra diáfana

Entre o concepto e a forma

Paula Varela é autora nova que vén amosando un futuro literario prometedor. Queda atrás aquel Premio Minerva conseguido nos tempos de instituto que, de seguro, anunciou dalgún xeito o que estaba por vir.

Este Tempo líquido é unha obra de iniciación. A poeta busca o seu propio mundo literario. Faino explícito na súa propia reflexión, a autopoética de quen quere deixar as claras cal é o proxecto que considera axeitado para transmitir. Xa sexa nas citas, xa sexa nos enunciados claros da súa propia poética, o certo é que Tempo líquido é una obra diáfana, sen metáforas escuras que distancien o “eu” lírico do lector.

En liñas xerais a pretensión é a da reflexión interior. Facerse consciente do que nos rodea e do que nos enche o peito, o corazón, a alma… Os pensamentos sobre o eros, sobre as relación humanas, o que nos fai sentir cada situación cotiá…. Torna nunha poesía tendente ao ontolóxico, moi filosófica por momentos ao tempo que persoal e intimista. Á autora interésalle claramente que entendamos que nos quere dicir. É un manifesto autopoético do pensar e do sentir. O obxectivo é compartir esas reflexión e emocións que conforman una poesía iniciática na que agroma unha poeta con algo que dicir, que non é pouca cousa.

Esa transparencia e claridade provoca que haxa certa tendencia, por momentos, a un ritmo, a un xeito de modular o discurso máis próximo á narrativa que ao lirismo. Se cadra o efecto evocador combínase con esa necesidade de expoñer todas esas inquedanzas latexantes no maxín da autora. É un equilibrio interesante. Existe tensión entre o concepto e a forma. Hai moitas pasaxes nas que están ao límite e francamente, paréceme una das achegas máis interesantes do poemario.

VARELA, Paula, Tempo líquido, Toxosoutos, Noia, 2021, PVP. 11 €

Compartir el artículo

stats