Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Capacidades catárticas

Berro contra as inxustizas

Capacidades catárticas

Da man de Cuarto de inverno publica Susana Sanches Arins a súa última novela, SuperUlex, no que constitúe un berro contra as inxustizas e atropelos que acontecen ao redor da protagonista, Clara, convertida agora en heroína que non dubida -ou si- en denunciar todo aquilo que se perpetúa no tempo a pesar dos efectos negativos que conleva para as persoas e o medioambiente, decisión que se ve acrecentada pola situación extrema á que se ten sometido a causa da súa doenza e que a fai reflexionar e cuestionarse -aínda máis se cabe- que a vida paga a pena vivila intensamente.

Nesta aventura non está soa, rodéana familares e amigos que con sentimentos encontrados alentan, animan e mesmo reprimen as ansias de liberdade absoluta que procura a moza.

A situación non é doada nin para a rapaza que, convencida de que debe loitar, viste a roupa de superheroína e lánzase á aventura; ora liberando cans presos, ora manifestándose no patio, ora matinando como deter os verquidos nocivos dunha fábrica. Ao redor ou polo medio incrusta reflexións acerca do que lle gusta, do que detesta, do que a fai feliz ou do que a disgusta. E como o acompañamento é moi importante neste proceso de procura da xustiza refúxiase na calor da bisa Rorita ou dilúese nas actividades da tropa fandanga, segura de que a vida é camiñar, sortear obstáculos e mirar á fronte.Ao final e tras ter superado algún ca outro atranco que teñen que ver coa súa exposicións pública e os seus sentimentos pon un punto e seguido na súa vida con “um leve e contundente sorriso”.

A capacidade catártica que ten a expresión das ideas ou dos sentimentos maniféstase neste volume dunha forma singular e quen sabe se lle serve a alguén como fonte de inspiración ou como modelo. Velaí a maxia das palabras!

SANCHES ARINS, S., SuperUlex, Cuarto de inverno, Arzúa, 2020, PVP.13, 50 €

Compartir el artículo

stats