Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Polar Français

Divertida e precisa

Polar Français

Fred Vargas é o pseudónimo de Frédérique Audoin-Rouzeau (París, 1957), unha exitosa escritora francesa de novelas policíacas -leva publicadas xa unha ducia- polas que recibiu numerosos premios literarios, entre eles o Princesa de Asturias das Letras 2018. É de notar, nestas datas, que, como historiadora, publicou asemade, en 2003, unha interesante obra científica sobre a peste negra (Les Chemins de la peste, le rat, la puce et l’homme).

En O home dos círculos azuis aparece por primeira vez o comisario Adamsberg, quen logo será un referente constante. Acaba de chegar a París, ten fama de eficiente e moi particular: solitario, taciturno, de aparencia pasiva e aboado a procedementos pouco habituais na investigación pero capaz de acadar -poñeéndose sempre na pel dos delincuentes- conclusións que para os demais semellan máxicas e inesperadas. Contrasta así co seu compañeiro: alcólico, separado, e amargado por meter unha inocente no cárcere que logo se suicidaría.

En París comezan a aparecer uns círculos azuis pintados con xiz nas beirarrúas, acompañados dunha frase: “Víctor, mala sorte. Que fas fóra?”. No centro dos círculos aparece un residuo, un obxecto perdido… Para a xente, esas aparicións resultan enigmáticas e divertidas, dando moito que falar. O comisario, pola contra, ve neses depósitos moita crueldade, e entrevé que algunha desgraza vai suceder. E, en efecto, enfrontarase a un criminal complicado e a un dos casos máis macabros da súa carreira.

Ollo, Vargas ten tamén os seus detractores, pero son ampla maioría aqueles que se enganchan á súa serie policíaca, de narrativa e estilo precisos, analíticos, impecables, moi descritivos, e mesmo por veces cun ton divertido e surrealista.

VARGAS, Fred, O home dos círculos azuis, Kalandraka, Pontevedra, 2020, PVP. 18 €

Compartir el artículo

stats