Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Reinventando os mundos

Reinventando os mundos

Con tensión narrativa

Co tempo como fío condutor que vertebra a vida e as vidas, presenta Luz Darriba un relato feito novela, uns retazos de existencia convertidos unhas veces en protesta, loita, berro desesperado, e outras, en alivio, lembranza, felicidade e cores. E é o tempo porque sempre hai momentos para todo: utopías, esforzos, amizade, fantasía, amor, rebeldía, escuridade, retratos, dúbidas, identidade, comprensión… que pasan pola cabeza e que se afunden no corazón tratando de desempeñar un papel, descifrar mensaxes ou interpretar comportamentos que levan ás persoas a reinventar mundos onde se poida vivir.

Os personaxes de Abril, novela que Belagua Ediciones vén de publicar na súa colección “Narrativa”, sorprenden pola súa fortaleza; de feito convértense en iconos que dan vida á fantasía novelesca, pero que ao mesmo tempo, sendo representativos dun tempo e dunha época concreta da historia da humanidade, amosan a importancia de estar ao servizo do relato, real e verosímil ou ficcionado.Así, Andrea Neumann instálase na Costa da Morte tras saír dunha Arxentina que marca o seu destino dunha forma decisiva, que a leva a relacionar o seu pasado cun presente de esperanza e que lle permite amosar que a barbarie se manifesta de forma similar practicamente en todo o mundo e baixo calquera forma, tamén que o sufrimento adoita, a miúdo, formas similares nas persoas.

Trátase de relatos entrelazados narrados en distintos lugares e por distintas persoas que conflúen para darlle significado a unha forma de actuar, a unha forma de ser e a un comportamento que supera a historia e que proporciona unha tensión narrativa efectista ao provocar reaccións opostas, contrapostas e adversas.

Alén da intrahistoria, aquilo que ten a ver co que está a sombra dos aspectos máis coñecidos, retrátanse en Abril uns acontecementos que esixen xustiza e presenza, que crean historia dunha forma insconsciente amósase unha vez máis que a literatura posta ao servizo das persoas é quen de dar a coñecer parcelas de realidade tanto polo que di como polo que evoca.

DARRIBA, Luz, Abril, Belagua, Vigo, 2000, PVP. 18 -

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.