Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Alerta Vermella: a cultura é segura

Ruxe Ruxe non pisa un escenario desde febreiro. Por desgraza, isto non é unha excepción. E se a situación para as bandas é complicada, para os organizadores de espectáculos é crítica. O pasado xoves 17 de setembro, a praza do Obradoiro acolleu -como o facían asemade outras vinte e sete localizacións no Estado- a protesta convocada por Tesgal, o sindicato galego de profesionais técnicos do espectáculo. Os e as "invisibles," os que están atrás das luces, agochados no backstage ou cargando un trailer ás tantas para que o espectáculo continúe ao día seguinte onde cadre. Centos de flight cases, esas caixas con rodas en que viaxa o material para os concertos, minuciosamente colocadas serviron de símbolo da protesta da parte menos coñecida do sector cultural, pero que é a que está a ver nun risco maior a súa continuidade.

Baixo as palabras de orde Alerta Vermella, Facemos Eventos ou A Cultura é Segura, millares de profesionais manifestáronse en distintas partes do mundo pois a problemática non é local, afecta ao sector cultural de xeito semellante en todos os lugares.

Desde logo, as persoas que asistimos este verán a algún concerto en Galiza só podemos dicir que as medidas e os protocolos aplicados foron excepcionais. Sen dúbida máis estritos ca noutros sectores, mais os nosos dirixentes teiman en incluír a música ao vivo na mesma saca que o ocio nocturno de pubs e discotecas e non tratala como o que é: cultura, moi precisa ademais nestes tempos de incerteza.

Compartir el artículo

stats