Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Inocencia e madurez

Como sentir a liberdade

Inocencia e madurez

A editora Cuarto de inverno acaba de nacer en terras de Arzúa. Estréase cun poemario da autoría de Tamara Andrés, unha das poetas das novas xeracións xa coñecida por títulos como Nenaespiraes ou Corpo de Antiochia, e que foron recoñecidos no Premio de Poesía O Facho e no Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández respectivamente. Ademais ten participado en numerosas obras colectivas entre as que destacan as antoloxías No seu despertar ou Anthology of Young Galician Poets. Agora, con Irmá paxaro, a nosa autora vén afianzar no panorama literario galego nun xénero, o poético, que está amosando a súa madurez con plumas singulares, en palabras de Martín López-Veiga "un dos máis avanzados laboratorios de vangarda da lírica ibérica contemporánea".

E se por vangarda entendemos experimentalismo e innovación, desfacer os límites do que se acepta como norma, procurar unha arte que axude á persoa a resolver inquedanzas, entón este poemario comparte en parte esa concepción, porque á expresión máis íntima de sensacións e impresións persoais engádese a ausencia de títulos, de maiúsculas, de signos de puntuación que provocarían pausas, recesos, retardos que non lle interesan ao texto, nin á narración dunha idea que flúe dende a infancia en forma de sorrisos, choros, complicidade, miradas, dor e baleiro e que só é quen de deter o tempo, dimensión que nos versos de Tamara Andrés cobra ás de paxaro coas que voar e abandonar, cos que sentir a liberdade e despegar e que a ilustradora María Montes representa ora coa nudez da inocencia propia da infancia, ora coa plumaxe dos anos na madurez.

ANDRÉS, Tamara, Irmá paxaro (ilstr. María Montes), Ed. Cuarto, Arzúa, 2019, PVP 13.50 -

Compartir el artículo

stats