Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As máis desexadas

As mostras de moda non teñen sido recibidas con fanfarras polos museos de arte e tan só grazas aos esforzos denodados e gran fe dos estudosos do f ashion system puideron as modas entrar neles. Así, en 1971 Cecil Beaton empregou todo o seu s avoir faire para introducir a moda dos nosos días no Victoria & Albert de Londres. No ano 1983 Diana Vreeland convocaba á alta sociedade de Nova York para acudir á primeira exposición no Metropolitan Museum of Art dun modisto vivo, Yves Saint Laurent. En 2000 Germano Celant ocupaba o museo Guggenheim de Nova York e logo Bilbao para expoñer unha monumental retrospectiva de Giorgio Armani.

No século XXI, segue a moda convocando máis xente nas súas exposición que a arte dos impresionistas ou dos antigos exipcios e proliferan os centros permanentes onde exhibir moda. A Londres, París, Nova York e Bath, únense Anveres, Tokío, Marrakech, Marsella, Hasselt, Guetaria, Granville, Madrid.

En Galiza como mostras de moda senlleiras cómpre referirmos a de Yves Saint Laurent e a arte na extinta Fundación Caixa Galicia no ano 2008. A moda de España en A través del espejo no ano 2005. E a exposición antropolóxica Con-fío na Cidade da Cultura no 2016. Asemade os espazos expositivos temporais das universidades galegas e aínda algúns espazos municipais teñen sido sé de mostras de moda dos traballos feitos en Esdemga. A Cidade da Cultura ten acollido a Mestre Mateo. Arestora serán asemade os museos de Belas Artes quen programen moda e quizais se teña como desideratum un museo da moda entre nós.

Compartir el artículo

stats