Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O contrabaixista Juyma. FOTO: AMADOR LORENZO BLACH

Juyma: "Compoñer, faime reflexionar sobre o que quero transmitir tocando"

- Como xa fixera no disco anterior, desta vez volve gravar Vde. en formato trío, aínda que agora con dous compañeiros distintos, David Regueiro (guitarra) e Noli Torres (batería), en lugar de Alberto Vilas (piano) e Máx Gomez (batería). Chámame a atención o cambio de piano por guitarra...

-Traballar con Alberto e Max é sempre un pracer, e estoulles moi agradecido. Nesta ocasión buscaba outra sonoridade, necesitaba plasmar certos sentimentos cun timbre e forza distintas aos do piano. Necesitaba unha guitarra e un guitarrista que me entendese que, ademais de dominar perfectamente a linguaxe do jazz, tamén dominase o postrock ou a psicodelia. David é perfecto para este proxecto. E con Noli tiña moitas ganas de traballar; é moi creativo e transmite unha boa onda que é moi especial.

- E tamén volve apostar por temas de composición propia. O Juyma que compón é, por así decilo, o "outro eu" do Juyma que interpreta?

-Digamos que é o Juyma que ten máis tempo para reflexionar e probar cousas antes de decidir que sentimento quere transmitir e cal é a mellor maneira. Si, gústame apostar por composicións propias, aínda que nesta oscasión incluín tamén un tema de David, un boogaloo moi bailable que me encanta.

- Qué relación e qué diferencias hai entre Océanos de porcelana e Viento del Norte?

-Uuummmhhh...Os dous tratan sobre sentimentos, hai amor, desamor, paz, guerra,desexos, ausencias, soños? só que daquela viña de pasar cinco anos en Donostia, con todas as cousas que vivira alí esperando para saír. Agora levo xa catro anos aquí, seguen pasándome cousas pero abórdoas doutra maneira. Algunhas persoas que escoitaron os dous discos dinme que éste ten máis forza, que é máis alegre e fácil de escoitar. Estar preto dos meus pais, que son o mellor que teño, e poder disfrutar deles e dos meus amigos supoño que me inflúe moi positivamente. Nesta vida todo vai e ben, aproveitémola mentras podamos, non?

- E que diferencias hai entre o Juyma de Océanos e o de Viento?

-Hai máis experiencia de vida, menos medos nalgúns aspectos e más consciencia da fugacidade. Hai tamén cada vez un maior noxo e fastío contra os seres que moven os fíos e intentan gobernar e dirixir as nosas vidas en todos os ámbitos. A corrupción política e moral é devastadora. Parece que o que se premia agora é facer trampas, non ter cultura nin educación e ser un inepto. Todo vale, só importan os cartos, non cómo se consigan.

- Podendo ilexir otros sitios onde gravar este disco, decidiuse por Bueu. É unha concesión, unha homenaxe, unha reinvidicación da vila onde vive?

-É unha homenaxe e unha reivindicación. En Bueu hai xente moi, pero que moi preparada, en todos os ámbitos. Como Michi Sonart, gran profesional que se encargou da gravación. Ou Amador Lorenzo Blach, excelente fotógrafo, cunha sólida carreira e varias veces premiado polos seus traballos, que plasmou en imaxes os sentimentos de Viento del Norte. Contar coas súas fotos no libreto do disco, na contraportada e na portada é para min un orgullo. Creo que completan a alma da música facendo unha simbiose perfecta. Tamén se encargou da realización dos diferentes vídeos. E non me esquezo de Cecilia Castro Dos Santos, que se encargou do deseño, e de darlle as grazas ao Concello por cederme as instalacions do Auditorio do Centro Social do Mar.

- Por certo: o título de Viento del Norte ten algo que ver co Donde da la vuelta el aire, que é como define Gonzalo Torrente Ballester a Bueu (Pueblanueva) en Los gozos y las sombras?

-Si ten que ver, no senso de que eu creo que as persoas e os lugares onde pasan as partes importantes das súas vidas inflúense mutuamente, chegando en moitos aspectos a formar unha mesma unidade. O vento do norte é parte esencial de Bueu, envolve o espírito e, en certa medida, condiciona ou marca o carácter e forma de entender a vida.

-O disco ábrese cun tema titulado "El baile de los vampiros". Está relacionado coa película do mesmo titulo de Roman Polanski?

--Pois neste caso teño que dicir que non. Trata sobre o regreso á casa tras unha noite de troula dun suposto vampiro, esquivando os raios de sol e mais as xentes que comezan a saír ás rúas camiño do traballo. Por sorte, aínda quedamos uns cantos vampiros (risos).

-Entre este disco é o anterior pasaron catro anos. Mellorou ou empeorou o panorama do jazz en Galicia durante este tempo?

-Cada vez hai xente máis preparada e moitos grupos con propostas moi boas. O problema é o de sempre: hai moi poucos clubs e sitios onde poder tocar e os cachés son moi baixos, moitas veces. Tamén hai certo intrusismo que se aproveita baixando a calidade dos espectáculos. Se os músicos non se valoran a sí mesmos e fan ou aceptan certas condicións, mal andamos.

- No seu currículo figura que, entre outras, recibiu unhas clases maxistrais do mesmísimo Brandford Marsalis. Poderíame contar algo desa esa experiencia?

-Foi en Donostia,mentres eu estaba estudando en Musikene. Brandford viña para tocar no Festival de Jazz, e algúns alumnos xuntámonos e fomos ao hotel onde estaba a preguntarlle se podería darnos unha master class; accedeu ao momento e non nos quixo nin sequera cobrar nada. Marsalis é un fenómeno tocando e moi bo ensinando, porque é moi directo.

-Hoxe en día, pódese afirmar con rotundidade que, en termos xerais, o jazz que se fai en Europa non lle ten nada que envexar ao que se fai en Estados Unidos?

-En Europa hai moi bos músicos de jazz, moi ben preparados. Moitos marchan logo para EEUU e outros quedan. Hai un jazz americano e outro europeo, e tamén hai europeos que fan jazz americano. Todo depende do que busques e che guste. Envexas, ningunha, por suposto. Só é unha cuestión de gustos.

- Para vivir da música en Galicia ,hai necesariamente que recorrer ao "pluriemprego" (tocar en varios grupos, tocar otros estilos, etc??

-Non só en Galicia, creo que en todo o Estado. Unha baixada á realidade da cota de autónomos, xunto con outro réxime especial axudaría a mellorar moito as nosas condicions. Algo parecido do que se fai en Inglaterra ou Francia sería fantástico para todos, músicos e quen nos contratan. Algún político que respecte a cultura e a música está lendo isto? Se é así, xa sabe como axudarnos...

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.