Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Imaxes máxicas

Imaxes máxicas

Memorias dun lobo de mar

Son varios xa os que prognostican que Fran Fernández Davila (Canido, Vigo, 1974) está dado a converterse en alguén importante na literatura; Carlos Lema, editor de Galaxia, e Clara do Roxo, directora do obradoiro de creación onde comezou a escribir o autor do libro hai só ano e medio, xa o auguraron nalgunha ocasión. O certo é que este enxeñeiro de minas foi en 2016 e 2017 finalista do Premio de Poesía Victoriano Taibo coas obras Capetón e Saint-Pierre-et-Michelon, respectivamente. En 2017 resultou gañador do Certame de Relato Curto "A Cividade", de Mos, con "O Premio" e do MicroCatrorrelatos, con "As balas de Kock" e ese mesmo ano obtén o Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia coa obra que temos entre mans, A senda de sal.

Fran Fernández Davila recolle a testemuña de Blanca Riestra, que sorprendía os lectores cunha novela negra, con toques de terror, que transcorre en Compostela; faino cunha obra diferente, que se afasta da anterior gañadora para amosar un conxunto de relatos da vida dun vello mariñeiro na costa sur de Galicia. Un lobo de mar retirado que, no crepúsculo da súa existencia, sente a necesidade de relatar unha serie de acontecementos da súa mocidade que se remontan á Segunda Guerra Mundial.

Trinta e un capítulos, un por cada día do mes, nos que se mesturan ingredientes coma a historia, o mar e a memoria, baixo un formato novelístico de intriga e misterio que vai atrapando o lector devagar, algo ao que axuda o estilo do autor. Unha liña sutil e requintada, dunha literalidade que xa gabou o editor da obra, entre outros, quen salienta o uso, a orde das palabras e tamén as figuras empregadas e a súa utilización. Adxectivación profusa, hipérbatos e un estilo que en ocasións o estilo roza o surrealismo, en imaxes máxicas e tan visuais como cando se abrazan "coma rochas a punto de soldarse" -e como a mesma senda de sal do título, fan que a novela deixe un bo pouso na memoria do lector.

A maxia é un elemento capital da narración mesma. O inicio da historia lévanos directamente a Cien años de soledad, e ese "cheiro avarento da madeira mollada de sangue"que sobrevén lembra claramente ao ulido das améndoas amargas que sorprende ao doutor Juvenal Urbino en El amor en los tiempos del cólera. Evidente chiscadela a García Márquez que manifesta a querenza de Fernández Davila polo premio Nobel colombiano, sen dubida, un dosmáximos expoñentes do chamado "realismo máxico."

O vello protagonista gardaba, finalmente, un segredo dos tempos en que Vigo e o Val Miñor xogaran un papel clandestino na Segunda Guerra Mundial e foi confíiarllo a unha muller en crise: alguén que se converte, entón, en confidente dunha historia rescatada da memoria daquel "neno patrón de pesqueiro", sempre entrañable.

FERNÁNDEZ DAVILA, A., A senda de sal, Ed. Galaxia, Vigo, 2017, PVP. 14 ?

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.