Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fotograma de A paixón de María Soliña (2012)

Nas orixes do capitalismo (I)

María Soliño e a caza de bruxas

Dicía a lenda, poeticamente recollida por Celso Emilio Ferreiro, que "polos camiños de Cangas a voz do vento xemía: ai, que soliña quedache, María Soliña". Efectivamente, María Soliño, veu como mataban ao seu home e ao seu fillo no ataque berberisco que sufriu Cangas no ano 1617, unha traxedia que a traumatizou de por vida, provocando que, segundo dia lenda, pasease soa e mesmo espida polos areais de Cangas laiándose pola morte dos seus queridos. Con todo, a traxedia familiar non foi o peor que lle pasou a María Soliño: a Inquisición fixouse nela en 1621 e acusouna de bruxa. Segundo a súa propia confesión, obtida baixo tortura, levaba décadas mantendo tratos carnais co demo!. A realidade, porén, agocha unha estratexia do clero para desposuíla dos seus bens, herdados á morte do seu home, que incluían o dereito de presentación en varias parroquias do Morrazo, un dereito que lle permitía designar ao párroco e percibir unha parte das ganancias que xerase a parroquia. Demasiado poder para unha muller! Había que neutralizala e?, naquel momento, a Igrexa tiña un mecanismo moi eficaz para iso: a condena por bruxería.

Efectivamente, a caza de bruxas, tan habitual na Europa 'tardofeudal', segundo lle gusta definir ese período a unha corrente historiográfica, ou na Europa da acumulación orixinaria ou do capitalismo inicial, a caza de bruxas, xunto coa escravitude (exemplificada polo personaxe de Shakespeare Calibán, o salvaxe que logo de ensinarlle as riquezas da súa terra a Próspero, escravízao e usúrpalle o seu territorio e as súas propiedades), foron as estratexias fundamentais para garantir o desenvolvemento do capitalismo.

Neste sentido, segundo as investigacións de Silvia Federici, autora do libro Calibán y la bruja (Traficantes de Sueños, 2010), poderíase dicir que ao tempo que se produce o proceso de acumulación orixinaria, de concentración de capital -o diñeiro que investido na compra de mercancías, incluída a mercancía forza de traballo, se transforma en plusvalía-, e de expropiación da clase traballadora, á que se afasta dos medios de produción -que até ese momento, baixo o proceso de produción precapitalista, lle pertencían-, teñen lugar outros dous procesos paralelos e complementarios: unha nova división sexual do traballo, na que os homes se encargan das tarefas produtivas e as mulleres das tarefas reprodutivas, que pasan a ser un traballo invisible e non pagado; e a xénese da escravitude moderna.

Así, a caza de bruxas, un proceso histórico que provocou o asasinato de entre 200.000 e 9 millóns de mulleres e que tradicionalmente se asocia a unha interpretación relacionada coa relixión, xa que se insiste no papel das bruxas como de mulleres que pactan co demo e manifestan poderes sobrenaturais (provocar maleficios, transformarse en animais, voar?), oculta unha estratexia brutal, violenta, que buscaba un único obxectivo: eliminar a capacidade produtiva das mulleres, neutralizar o seu acceso a saberes tradicionais (técnicas curativas, herboloxía?) e á ciencia moderna e someter os seus corpos, ao tempo que se institucionaliza a prostitución e as violacións.

Daquela, no proceso de xénese do capitalismo xuntáronse varios procedementos de expropiación: a conversión da man de obra en mercancía e o seu afastamento do control dos medios de produción; a expropiación de terras comunais ao campesiñado; o control do corpo da muller, que perde a súa capacidade produtiva a favor das tarefas reprodutivas; a escravitude, reducindo a millóns de persoas á realización de actividades produtivas non remuneradas; o xenocidio indíxena americano; e a usurpación das riquezas e dos recursos de pobos enteiros que foron sometidos ao dominio colonial europeo. Non en van dicía Marx que o capitalismo xurdira pingando sangue.

Calibán e a meiga

  • Calibán e a meiga: mulleres, corpos e acumulación orixinaria (TdS, 2010), da profesora emérita da Universidade de Hofstra, Silvia Federici, é un ensaio que complementa, dende unha perspectiva feminista, a investigación sobre o proceso de acumulación orixinaria do capital que desenvolveu Marx, que en palabras da propia autora é un traballo moi acertado e moi potente.Neste sentido, a obra de Federici inclúe na descrición da acumulación orixinaria tres procesos que están ausentes na obra de Marx e que son extremadamente importantes para a acumulación capitalista: a) o desenvolvemento dunha nova división do traballo que somete ao traballo feminino e a función reprodutiva das mulleres á reprodución da forza de traballo; b) a construción dun novo orde patriarcal, baseado na exclusión das mulleres do traballo asalariado e a súa subordinación aos homes; e c)a mecanización do corpo proletario e a súa transformación, no caso das mulleres, nunha máquina de produción de novos traballadores.Neste sentido, a tese principal que proxecta o traballo de Federici é que a caza de bruxas, desenvolvida en Europa e no Novo Mundo entre os séculos XVI e XVII, foi tan importante para o desenvolvemento do capitalismo como a colonización e a expropiación das terras do campesiñado europeo. Un proceso exercido cunha violencia extrema.

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.