Síguenos en redes sociales:

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fachada do antigo colexio Santa Leonor onde se sitúa o museo. //Turgalicia

Cousas de nenos

Museo da Escola e da Infancia (Tribes)

Aquí todos poden gozar como os nenos que un día foron. Están documentadas, mediante libros, xoguetes, recortables e centos de pezas, as lembranzas dun pasado propio e alleo, os símbolos dunha nenez que atrae tanto pais coma fillos. O Museo da Escola e da Infancia, situado no antigo colexio Santa Leonor da Pobra de Trives, fai un completo percorrido pola historia a través do mundo escolar que vai dende o século XIX deica aos nosos días.

Noutros tempos foi un colexio onde se educaron xeracións de trivenses. No ano 1908 chegaban a Trives os Irmáns das Escolas Cristiás La Salle. Primeiro aloxáronse no edificio que hoxe ocupa un céntrico hotel para trasladarse despois ao colexio Santa Leonor onde está o Museo da Escola e onde se sitúa tamén un interesante centro de interpretación histórico cultural.

Ao cruzar as súas portas, mergullamos noutra época: a da infancia, e a través de andeis, pupitres e paredes van aparecendo libros, plumas, encerados, mapas, cartabóns, enciclopedias, recortables, fotos, carteiras, "prontuarios de urbanidade", tebeos, un "contrato de mestras de 1923", pelotas de trapo, maletíns e unha ampla colección que conta o que fomos e o que somos.

A xente pode escribir con pluma e tinta nun libro de visitas, o que é unha nova experiencia para os máis cativos. O mesmo edificio alberga a biblioteca, a aula multimedia, a sala de exposicións e o auditorio. Hai uns meses falecía o mestre Julio Vázquez, un deses homes cuxo traballo queda para xeracións futuras. Ao longo da súa carreira recompilou importante documentación sobre a historia da escola en España, que pode verse neste museo. Vázquez foi o grande abandeirado do espazo museístico, ao que achegou gran parte do seu fondo documental e de obxectos. En homenaxe e recordo á súa figura o auditorio chámase agora Julio Vázquez.

O centro aspira a converterse nun referente nacional tanto para visitantes coma para os interesados na investigación sobre a historia dos diferentes sistemas educativos en España. Hai uns meses rematouse a tarefa de inventariado e catalogación do seu numeroso material co fin de aumentar a súa oferta expositiva. O Museo da Infancia xa é un nome emblemático no conxunto dos museos de Galicia polos fondos que atesoura e polo valor dos documentos arquivados. É ademais un lugar de evocación que esperta certa nostalxia de moitos visitantes con obxectos que souberon incentivar tanto os coñecementos coma a fantasía de moitas xeracións. As centos de persoas que se achegan ao museo -tanto escolares coma maiores- acreditan o interese do público por internarse no pasado e por recordar e coñecer como estudaban os nenos de antano. Ao entrar neste espazo museístico un sabe que se somerxe noutro tempo, o tempo da infancia, pero nunha nenez moi diferente á de hoxe. Con xoguetes e libros que estimulaban a imaxinación dos que un día foron cativos. Son pezas que retratan unha época e unha parte da historia de Galicia e de España.

Neste centro que alberga o cofre da memoria, ademais de recordar os tempos infantís, tamén é posible entrar no interior dunha montaña no máis amplo sentido da palabra. Pódese facer un percorrido guiados pola luz, a música, a voz, as imaxes, os obxectos e rodeados pola xente das terras de Trives. Esta é a outra aposta museística deste espazo que antano foi colexio relixioso. A exposición permanente "A Montaña da Vida" preséntase como unha viaxe ao interior dunha serra pero non dende o punto de vista xeolóxico, senón histórico, cultural e social. Nas diferentes salas pode verse a "terra de lume", onde se escoita a auga e se poden ver as chamas; é posible encontrarse coa presenza romana, francesa e co progreso noutro dos espazos, e elementos como a chuvia ou a néboa van deixándose caer no percorrido.

A riqueza do Val do Navea

Esta es una noticia premium. Si eres suscriptor pincha aquí.

Si quieres continuar leyendo hazte suscriptor desde aquí y descubre nuestras tarifas.