O Nadal é a festa familiar por excelencia. Convoca ao redor da mesa a todos os membros que durante o ano non teñen oportunidade de estar xuntos, por iso, adquire grande importancia a calidade dos produtos que seleccionamos para datas tan importantes. Desde o punto de vista simbólico Galicia reúne toda a excelencia alimentaria recoñecible como tradicional pero tamén aquela producción emerxente que as empresas galegas están achegando aos mercados.

Novos xeitos de degustar pratos tradicionais como o cocido ou o lacón con grelos, licores artesanais, conservas, pasteis salgados, queixos, embutidos, doces… representan un amplo abano de posibilidades para que a nosa selección de cara ao Nadal teña sabor galego. Deste xeito cada vez son máis as empresas cárnicas galegas que suman sinerxias e optan por ofrecer unha varidade representativa da alimentación navideña para facer dela un agasallo apropiado para estas datas.

Kit antimorriña

Lembrando a aquelas persoas que por razóns laborais non lles é posible reunirse coas súas familias, grazas a unha destas empresas galegas situada en Lalín, xa é posible enviar a calquera lugar da diáspora o antídoto para combater a saudade mediante un kit antimorriña co que ningún galego do mundo quedará este nadal sen gozar dos aromas e sabores da súa terra, e que inclúe lacón con grelos en conserva, laconciño curado, chourizo curado, grelos en conserva, galletas de nata e oruxo branco.