Karen iniciaba a súa andadura profesional no sector da moda en solitario hai xa preto de quince anos. Despois de varios anos formándose decidiu botar a andar o seu propio negocio na capital dezá e así poder cumprir un obxectivo máis na súa vida persoal. Adicándose á roupa de festa, especializándose en madriñas e invitadas, dende hai xa uns anos ofrece tamén vestidos de noivas a baixo custo. No seu comercio dispón de centos de vestidos das mellores firmas, así como os seus complementos adecuados. Tamén fai arranxos a medida e confección de chaquetas e boleros ao gusto dos seus clientes.