En Tania Agasallos -establecemento da rúa Alcalde Ferreiro de Lalín- podemos atopar o complemento perfecto para estas festas. Mantén unha constante renovación na súa oferta en bolsos en distintos materiais e cunha variada gama cromática, brocados, bordados ou flores como elemento decorativos, colares a varias alturas, e por suposto, como xa vén sendo habitual nos últimos anos, os tocados, con multitude de estilos e deseños cos que sorprender. A iso súmaselle unha ampla variedade de pulseiras, pendentes, foulares, sombreiros, e todo o necesario para combinar cada vestimenta. Tania Agasallos destaca por ofrecer o accesorio ou o complemento perfecto para cada ocasión. Ademais tamén conta cunha selección de abrigos, tops, chalecos e outras pezas de vestir.