Fitur 2023

A Deputación de Pontevedra sorprendeu en Fitur cun canto á “Orixe” das Rías Baixas

» Con cheo absoluto no stand de Turespaña e vestidas con elementos artesanais, a presidenta Carmela Silva e a artista Julia de Castro presentaron “unha apaixoante viaxe pola provincia na que descobrer unha cultura que sempre deixa marca”

Foto de familia durante o lanzamento nun stand con cheo absoluto.

Foto de familia durante o lanzamento nun stand con cheo absoluto. / Cedida

Almillas, zocos, pendentes das colareiras do Grove, sapos artesanais, estameñas únicas e a cor da flor do toxo. Todo iso “que tanto fala de nós”, de Pontevedra, converteuse no gran protagonista de Fitur 2023 este xoves durante o lanzamento da campaña “Orixe Rías Baixas. Un ano e mil ocasións para celebrar a provincia de Pontevedra”, ante un cheo absoluto no stand de Tourespaña, que contou tamén coa presenza da Secretaria de Estado de Turismo, Rosana Murillo. 

O estreo de dous impresionantes vídeos cos que a Deputación de Pontevedra promoverá o destino durante o 2023 supuxo así un gran convite para “achegarse e gozar das mil ocasións para celebrar a provincia de Pontevedra” e unha rotunda declaración de orgullo “do legado dunha provincia que atesoura tradicións únicas, milenarias, que se reinterpretan dende a modernidade”.

Máis “orixe” ca nunca entón no stand de Turespaña, vestido para a ocasión con elementos tradicionais senlleiros e representativos da provincia. Alí estiveron a presidenta Carmela Silva e a artista multidisciplinar Julia de Castro, encargadas de conducir o acto de presentación, así como a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias. Todas elas levaron roupas, complementos e calzados artesanais como xesto de compromiso coas tradicións e coas pequenas empresas do sector téxtil da provincia porque “iso somos as Rías Baixas”.

Deste xeito, a presentación pasou a ser unha experiencia en sí mesma para amosar “o orgullo de pertencer a unha terra ancestral na que desfrutar de vivencias, culturas e tradicións únicas no mundo”, en palabras da propia Carmela Silva, que vestiu unha antiga almilla, chaqueta tradicional bordada, adaptada a corte feminino, na cor da chorima ou alecrín (flor do toxo); zocos da Premio Nacional de Artesanía Elena Ferro e pendentes das colareiras do Grove, en concreto da artesá Montse Betanzos, amais dun colar de sapo seguindo a tradición galega, entre outros. 

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada da ministra de Turismo, Reyes Maroto; os alcaldes e alcaldesas da provincia e o director de Paradores, Pedro Saura.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada da ministra de Turismo, Reyes Maroto; os alcaldes e alcaldesas da provincia e o director de Paradores, Pedro Saura. / FDV

[object Object]

Era unha das edicións máis esperada de Fitur e había que aproveitala. Así o fixo a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que mantivo unha intensa axenda de traballo para proxectar a provincia coma o que é: un territorio único.

Unha cita na que Carmela Silva non perdeu a oportunidade de manter un encontro co presidente de Paradores, Pedro Saura, institución que está a realizar unha inversión de máis de sete millóns de euros na provincia, principalmente en Baiona. Ademais, tamén compartiu un bo memento coa ministra de Turismo, Reyes Maroto, quen tamén presidiu a entrega da Q de Calidade ao Museo de Pontevedra.O acto de presentación de “Orixe” a provincia, pola súa banda, contou cunha ampla representación de alcaldesas e alcaldes dos municipios do territorio e é que as nosas cidades, vilas e aldeas son os que fan posible un provincia forte e única, con “Orixe”. 

Os vídeos “Orixe” e “Carboeiro”, chaves da campaña

Baixo o lema “Orixe Rías Baixas. Un ano e mil ocasións para celebrar a provincia de Pontevedra”, a presidenta chegaba deste xeito coa intención de ir a por todas este 2023: “Queremos que a xente mire cara nós, sorprendela, chamar a súa atención, facer que desexe con todas as súas forzas vir á provincia a vivir a “Orixe”, as nosas xentes, a nosa historia, todo aquilo que fomos capaces de construír ao longo de centos de anos e que hoxe nos trouxo ata aquí e fai que sexamos unha sociedade tan avanzada, tan auténtica e única”. 

Poderíase dicir que se cumpriu con creces da man dun acto espectacular no que non faltaron a emoción, as sensacións e as sorpresas.

Dous foron os vídeos encargados de chamar a atención do público: Orixe, o audiovisual principal da campaña, e o elaborado en Carboeiro coa participación de “Nova Danza Galega”. 

O primeiro, unha peza elaborada por Esmerarte e baseada nas persoas, na nosa xente, contou con Xulia de Castro como protagonista principal para sumerxir aos presentes nunha apaixoante viaxe polas tradicións e a forma de vivir, de sentir, de Pontevedra, invitando a conectar coa riqueza etnográfica e a marcada identidade local da Provincia. 

Cantos, oficios tradicionais, celebracións, festas de interese turístico, patrimonio inmaterial, rituais case milenarios e unha potente transmisión oral mesturáronse nun vídeo no que se pudo ver a Elena Ferro, Josefa Ferro, Vanesa Quintela e Sara González, zoqueiras de Elena Ferro. Tamén a Manuel González Ferradás “Purro”, Valentín Otero, Antía Santos e Anxo Estévez, da Asociación de embarcacións tradicionais Os Galos; Manuel Presas, do Museo FAVUM, Lagar da cera; María Mercedes Lomba, argaceira da Guarda; Montse Betanzos, colareira do Grove; Meira Paz, José Sousa, Fiz Axeitos e Xacobe Cabrera, da Asociación Etnográfica A Merdeira; Dolores Rodríguez, Lealdina Amira, Joaquina Fernández, Alegría Busto, Maneul Barbosa, Dalmiro Fernández, de Pandereteiras de Gargamala; e Romina Casal, Henar Lameiro e José Manuel Souto, da Asociación Cultural Cobres-Entroido de Cobres.  

Unha campaña que serviu para visibilizar coma “o territorio marca profundamente a nosa cultura e personalidade, facendo unha homenaxe ao que fomos, ao que somos e ao que seremos, conectando co máis íntimo de nós” e que contou cun final sorprendente, complementado coa entrega dun agasallo “boutique”: un caderno de viaxe con propostas de calendario e imaxes dos eventos máis importantes que se desenvolven na provincia de Pontevedra.

Lanzamento de “Pontevedra Provincia, plató de cine”.

Lanzamento de “Pontevedra Provincia, plató de cine”. / Cedida

[object Object]

“Buscas un escenario para a túa próxima rodaxe? Descubre a provincia de Pontevedra. Un escenario diverso, cómodo, inédito, accesible, versátil, seguro e único”. Con este lema e espectaculares imaxes da provincia, a presidenta Carmela Silva presentou en Fitur Screen o “potente” audiovisual “Pontevedra Provincia, plató de cine” no que se detallaron os múltiples atractivos dun espazo digno de ser escenario de grandes producións audiovisuais. Fíxoo, xunto ao presidente da Spain Film Commission, Carlos Rosado, e acompañada de alcaldes e alcaldesas, representantes doutras Film Commission e produtoras do audiovisual galego. Durante o acto tamén se fixo pública a nova web de Pontevedra Provincia Film Commission, no marco do impulso que está a dar a institución para situar á provincia como “o mellor lugar do mundo” para rodaxes. Outra das grandes novidades foi a presenza do produtor Daniel Froiz que anunciou que “Matria”, unha das películas patrocinadas pola Deputación, ten sido seleccionada xa para a Berlinale.

O Deputado de Deportes Gorka Gómez durante Fitur Sport.

O Deputado de Deportes Gorka Gómez durante Fitur Sport. / FdV

[object Object]

“A provincia é unha referencia en moitos deportes e en moitas actividades vinculadas ao turismo deportivo, con espazos e eventos únicos”. Teno claro Carmela Silva, presidenta Deputación de Pontevedra, que este ano tamén quixo estar presente no I Fitur Sport Tourism Summit da man dun potente vídeo. 

Unha peza audiovisual na que, a través do protagonismo de diferentes deportistas, presentáronse espazos únicos onde practicar numerosas disciplinas na provincia, así como as experiencias que aquí se poden vivir e a gastronomía da que desfrutar. 

A cita, que tivo lugar o xoves pola tarde, serviu así para pór en valor o interesante proxecto de turismo deportivo da Deputación no espazo creado por Fitur para tal fin no pavillón 10 do recinto de Ifema. 

Unha iniciativa que atraerá novos visitantes dun tipo de Turismo que no 2021, xerou un gasto de 2.416 millóns de euros en España. 

Foto de familia durante a Gala Q de Calidade este xoves.

Foto de familia durante a Gala Q de Calidade este xoves. / Cedida

[object Object]

A historia, a arte e a arqueoloxía galega, española e universal teñen un fogar especial no Museo de Pontevedra. Un lugar tamén moi vivo, no que ao longo do ano non faltan seminarios, exposicións, concertos...

Pode que sexa por todo iso que, tras pechar o mellor ano en visitantes de toda a súa historia, O Museo provincial de Pontevedra veña tamén de converterse este xoves no primer museo galego en recollere a Q de Calidade Turística. Á Gala celebrada no Palacio de Cibeles asistiron deste xeito a presidenta Carmela Silva; o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, e o director do Museo, José Manuel Rey. 

Unha cita na que tamén renovaron galardón todas as oficinas de turismo da rede Info Rías Baixas que a obtiveron o pasado ano xunto a outra xoia da nosa historia e cultura: o castelo de Soutomaior.

Carmela Silva e Isaías Táboas firman o convenio en Fitur. // FdV

Carmela Silva e Isaías Táboas firman o convenio en Fitur. // FdV / Cedida

[object Object]

A presidenta Carmela Silva tamén aproveitou a súa presenza en Fitur 2023 para asinar un ambicioso convenio co presidente de Renfe, Isaías Táboas, para a promoción da provincia como destino turístico para viaxes de ocio e de negocios a través de accións de márketing e comercialización en trens AVE e Longa Distancia. 

A través do acordo, rubricado por segundo ano consecutivo co obxectivo de aproveitar as oportunidades dos trens de Alta Velocidade que están a chegar a Galicia, a imaxe do destino Pontevedra Provincia aparecerá en repousacabezas tematizados, en vídeos da programación dos trens AVE Longa Distancia, así como tamén en máquinas autovenda, na web de Renfe, nas súas redes sociais e en billetes pdf.

“Trátase dun convenio moi potente –subliñou a presidenta- que nos vai permitir que “Orixe” teña unha enorme presenza en todo o Estado”.  

Imagen Diputacion Banda y Logos Orixe (1) 1

Imagen Diputacion Banda y Logos Orixe (1) 1 / Cedida