Entroido por partida dobre

Cerdedo acolle o seu desfile o 11 de febreiro con saída desde o centro cultural

No caso de Carballedo, será o día 24 de febreiro e partirá desde a Praza da Chan

Aspecto que presentaba o pavillón de Cerdedo o ano pasado.

Aspecto que presentaba o pavillón de Cerdedo o ano pasado. / Cedida

M. G.

Aínda coa resaca da Festa do Petote -celebrada a pasada fin de semana-, o Concello de Cerdedo Cotobade xa ten todo disposto para poñer a máscara e saír á rúa a divertirse nun Entroido que promete moita diversión e moitos premios para todos aqueles que queiran participar nos concursos organizados polo goberno local.

Como ven sendo habitual, os desfiles de Entroido voltarán ser o principal reclamo da programación do Concello de Cerdedo Cotobade para estas festas. A través da participación cidadá, e co motivo de manter o espírito festivo do Entroido, o goberno local lanza unha nova edición do seu consurso de disfraces, para así fomentar e potenciar a participación nas festas por parte da poboación.

Un dos participantes na edición de 2023.

Un dos participantes na edición de 2023. / Cedida

Tal como se ven facendo de xeito habitual, haberá dous desfiles e concursos, en Cerdedo e Carballero, os días 11 e 24 de febreiro respectivamente.

No caso de Cerdedo, o desfile sairá ás 16.00 horas do centro cultural, e rematará o percorrido no pavillón municipal, donde haberá festa con música, xogos, pista de obstáculos, barredora, ludoteca, obradoiros, espazos multimedia e inchables para a cativada.

Os premios para os participantes nos concursos de disfraces superan os 300 euros e haberá diferentes categorías

Pola súa banda, en Carballedo partirán desde Praza da Chan ata o pavillón, tamén ás 16.00 horas. A posterior festa contará cos mesmos elementos ca os da semana anterior en Cerdedo.

Se ben o prazo para inscribirse nas categorías grupais rematou o pasado día 8, no caso das de parellas e individuais poderán facerse ata o mesmo día do concurso a partir das 16.00 horas nunha lista que estará a disposición de calquera interesado. Con todo, para participar somentes no Entroido de Carballedo do día 24, abrirase un prazo extraordinario para facer a inscripción ata o día 22.

A temática do disfraz e as máscaras coas que participen todos os inscritos, tanto nas categorías de grupos como individuais ou parellas, será libre, e so podrán participar nunha das categorías establecidas.

Os criterios de valoración serán e deseño do traxe, o tipo de confección, a imaxinación e, fundamentalmente, a pouca vergoña que se amose no desfile, sempre con respecto e sen ser ofensivo nin ferir sensibilidades.