ANUARIO PONTEVEDRA

Pontevedra despide 2022 ao grande

Un grupo de nenos e nenas disfrutando da iluminación de Nadal.

Un grupo de nenos e nenas disfrutando da iluminación de Nadal. / GUSTAVO SANTOS

M. González

O 2022 chega ao seu fin. Atrás quedan 365 días nos que, sobre todo nos meses de verán, a Boa Vila recuperou todo o seu esplendor. Despois de dous anos marcados polas restriccións derivadas da pandemia do coronavirus, Pontevedra volveu celebrar eventos tan multitudinarios como a Feira Franca. A cita medieval recuperaba a súa esencia e convertía o casco vello da cidade nun fervedoiro de xente chegada de toda a comunidade, con gañas de disfrutar dunha das citas máis agardadas do ano.

Público no concerto ofrecido por Camela nas Peregrinas.

Público no concerto ofrecido por Camela nas Peregrinas. / RAFA VAZQUEZ

Por outra banda, música, espectáculo, luz e cor encheron rúas e prazas nas festas de verán de Pontevedra. Os concertos da Peregrina, o Surfing the Lerez ou os espectáculos de animación de rúa como o Itineranta, foron algúns dos reclamos do verán pontevedrés.

O Nadal tamén está animando a cidade nos últimos días do ano. Os numerosos elementos decorativos e a iluminación, as actividades para a cativada na Alameda e no recinto feiral, así como a ampla oferta cultural e gastronómica, convidan á veciñanza a recuperar o tempo e disfrtutar destas festas como máis nos gusta, na compañía de amigos e familia.