NADAL OURENSE 2022

A gran cita con Pazolandia volta ao Paco Paz

» Un imprescindible do Nadal na provincia, contará con atracións e obradoiros para todos os gustos desde o vindeiro luns 26 ata o 4 de xaneiro

Fotos de archivo das últimas edicións de Pazolandia que, tras dous anos de parón por mor da pandemia, volta ao Paco Paz a partir do luns.

Fotos de archivo das últimas edicións de Pazolandia que, tras dous anos de parón por mor da pandemia, volta ao Paco Paz a partir do luns. / Cedida

Suspendida o pasado ano por precaución fronte á Covid-19, a gran cita con Pazolandia por fin voltará a cidade de Ourense para facer as delicias dos cativos e cativas de toda a Provincia. 

Establecido no Pazo dos Deportes Paco Paz-Deputación de Ourense, o “maior parque de atraccións de Galicia” abrirá as súas portas o día seguinte ao Nadal, este luns 26 de decembro, e permanecerá activo ata o 4 de xaneiro tanto en horario de mañá (11.00 horas a 14.00 horas) como de tarde (17.00 horas a 20.00 horas), agás o día 1, que só estará aberto pola tarde. 

Os interesados xa poden mercar as entradas a un prezo de cinco euros na tenda en liña habilitada en www.pazolandia.es para un evento no que non faltarán atraccións e obradoiros deseñados para que a rapazada poida gozar das vacacións escolares de Nadal, como levan facendo tantas xeracións, da man do que é un dos eventos máis esperados polos nenos e nenas da provincia nestas datas.

Fotos de archivo das últimas edicións de Pazolandia que, tras dous anos de parón por mor da pandemia, volta ao Paco Paz a partir do luns.

Fotos de archivo das últimas edicións de Pazolandia que, tras dous anos de parón por mor da pandemia, volta ao Paco Paz a partir do luns. / Cedida

Deste xeito e entre os grandes atractivos desta edición 2022-2023, familias e pequenos poderán atopar unha escape room, unha montaña rusa Tigre, o Torito Peque Comanche e mesmo unha noria, ademais dos emblemáticos Saltamontes, La Olla e o Barco Pirata, sen esquecer tampouco a Pista Americana

Por outra banda, tampouco faltarán os inchables, que chegarán da man da Patrulla Canina e en chave de Ludoteca; ademais de camas elásticas e tira-chinas. 

Entre as propostas para os máis cativos, pola súa banda, destacan a Peque Zona, os Reis Magos ou o Tren Disney nun evento no que os automóbiles serán tamén grandes protagonistas da man de distintas propostas como as que nos traen o Coche Fantástico, a atracción Auto Fórmula, a pista de coches ou o París Dakar. 

Para rematar, PazoLandia tampouco deixa escapar a oportunidade de ofrecer obradoiros con opcións para todos os gustos. Maquillaxe, tatuaxe, chapas, globoflexia ou galletas son só deste xeito algunhas das disciplinas nas que os máis pequenos da casa poderán aprender e divertirse xogando.

Todo isto e moito máis poderá atoparse no Paco Paz-Deputación de Ourense da man do “maior parque de atraccións de Galicia” desde o luns 26 de decembro ata o 4 de xaneiro tanto en horario de mañá (11.00 horas a 14.00 horas) como de tarde (17.00 horas a 20.00 horas), agás o día 1, que só estará aberto pola tarde. 

As entradas xa poden adquirirse na tenda en liña habilitada para tal fin na web de Pazolandia, www.pazolandia.es, a un prezo de cinco euros.