BRATH leva dende 1980 percorrendo os escenarios de medio mundo coa súa música. Un camiño que, no vindeiro 2023 sumará 40 + 3.

Unha cifra que, para celebrar este atípico aniversario, será o nome do albume que celebrará a traxectoria musical da banda. Camiño que afunde a súa raíz na tradición galega, mesturada con outras músicas e outros ritmos do mundo, e que segue a ser unha constante no proceso creativo.

No val da brétema

O primeiro single e adianto do novo albume, “No val da bretema”, fala do paso que nos agarda a todos, "o paso do mundo dos vivos á outra beira do río. Do tempo que transcorre inexorable, guiándonos cara ese río que inevitablemente todos teremos que cruzar e que só matando o tempo poderíamos escapar del", comentan dende o grupo.

Con No val da bretema, BRATH mestura diferentes estilos musicais, marcando o estilo do albume na música new age, o folk e a electrónica. 

O grupo BRATH, en concerto Cedida

A historia da banda

Nestes 43 anos de carreira musical, BRATH compartiu cartel e escenario coa maioría dos artistas do folk e outras músicas de recoñecemento internacional, entre os que citaremos Alan Stivell, Gwendal, Boys of the Loug, Oskorri, Julio Pereira, David Spillane, Omara Portuondo, Pat Metheny, Joe Satriani, e un longo etc; ademais da maioría dos grupos galegos folk e outras comunidades.

"O grupo nace coa idea de crear, a partires da música galega, uns sons que dialoguen con outros ritmos e melodías"

"O grupo nace coa idea de crear, a partires da música galega, uns sons que dialoguen con outros ritmos e melodías, que irmanden con calquera outra música sen que importe de onde sexa" nos contan dende a banda. A única norma, iso si, "é que as novas creacións non perdan ese tasto enxebre das nosas músicas".

De feito, BRATH foi a banda que incorporou por primeira vez instrumentos prototípicos do rock no folk galego, como a batería e as guitarras eléctricas. Con esta nova visión da música galega, que naqueles momentos foi toda unha revolución, iniciouse un camiño que aos poucos percorrerían outros, seguindo os seus pasos.

Máis información

Brath presenta o seu novo traballo


Adianto do novo albume na súa web
Máis información

Coa filosofía de achegar á xente nova unha nova música galega, utilizaron dende o principio a mestura de diferentes estilos musicais, como o rock ou músicas de outras latitudes, para a través de diferentes fórmulas, crear unha música galega renovada a partir de elementos da tradición. 

Con 13 álbumes de estudio e varias bandas sonoras para o cinema e tv, BRATH levou a súa música a diferentes países de Europa e América, nos preto de 1000 concertos que ofreceu nestas catro décadas. Lugares tan emblemáticos como o Auditorio do Monte do Gozo en Santiago, o Auditorio García Barbón de Vigo, Palacio de Opéra da Coruña, Teatro Real de Madrid, Auditorio Manuel Falla de Granada, Teatro Campoamor de Oviedo, Centro Cultural de la Villa (Madrid), Auditorio de Monjuich en Barcelona, Expo 92 de Sevilla... son algúns dos marcos que acolleron a súa música.

BRATH mestura sons galegos con melodías do mundo. Cedida

Tamén actuaron en diferentes festivais, como o Festival Interceltico de L´Orient (Bretaña), Festival de Ortigueira, Festival Celta de Vigo, Segovia Folk, Festival de Murcia...

Con 13 álbumes de estudio e varias bandas sonoras para o cinema e tv, BRATH levou a súa música a diferentes países de Europa e América

O pasado 2018  BRATH foi escollido pola CRTVE-RADIO3 para representar a España no EuroRadioFolk Festival que se celebrou en Moscú, onde compartiu con grupos e artistas de diferentes lugares do mundo; onde acados u un importante éxito. O concerto foi emitido en máis de 50 países de todo o mundo pola radio e a televisión. 

A banda, liderada por Eloi Caldeiro

Caldeiro, compositor voz e batería de BRATH, foi pioneiro na fusión da música galega con outros ritmos e estilos. Xa no ano 1976 funda o primeiro grupo de rock galego, “TEBRAS”, onde ademais de cantar mestura por primeira vez a gaita coa batería e as guitarras eléctricas, no que se deu en chamar Rock Progresivo. Así, é no ano 1980 cando funda BRATH.

Inicialmente Eloi é batería e percusionista do grupo, pero a partir do ano 1999 tamén pon a voz, xa que é no novo milenio cando BRATH abandona a línea instrumental para incluir letras nalgúns dos temas.

"BRATH iniciou un camiño que aos poucos percorrerían outros, seguindo os seus pasos"

En 2014 lanzan o disco “Codex”, onde as melodías e ritmos celtas camiñan da man do flamenco, o que os leva a participar no prestixioso “Festival de la Guitarra de Córdoba”, logrando un gran éxito.

O último disco, Clan Atlante

CLAN ATLANTE, o último disco de BRATH, é unha homenaxe ás músicas que se fan a unha e outra beira do atlántico norte dende as Illas Británicas ata Canarias, pasando por Galicia e Bretaña ata USA e Canadá. Un espazo xeográfico que conxuga as músicas dunha e outra banda do océano que os antigos denominaban “mar Tenebroso”.

Neste traballo inclúense sete composicións de Eloi Caldeiro baseadas na música galega, americana con raíz irlandesa, músicas bretoas e da rexión francófona do Canadá, así como as illas Canarias (especialmente no tema Xalundes). Tamén inclúe tres temas tradicionais de Bretaña, Irlanda e Inglaterra, un deles chamado “Feira do San Froilán”, que conta coa música do tema medieval inglés “Scarborough Fair” e cunha letra escrita por Caldeiro sobre as festas do San Froilán.