Comprometidos co entorno social es as ensinanzas públicas
Nada frea o modelo educativo do Eduardo Pondal, que este curso sacou adiante numerosos proxectos. O centro participou na primeira liga Maker Drone de Galicia e gañou o primeiro premio en Galiciencia
O colexio Eduardo Pondal soubo abrir novas vías de aprendizaxe / Cedida
O centro plurilingüe Eduardo Pondal segue a impulsar o seu modelo educativo, baseado na creatividade, na imaxinación, nas emocións e na enerxía. Este foi o motor dun curso onde as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) foron as grandes aliadas. Dende a dirección do colexio realizan un balanzo moi positivo dos últimos cursos, e destacan a súa exitosa participación en proxectos de ciencia, debate e sustentabilidade que foron quen de sacar adiante con resultados extraordinarios.
Coa despedida das mascarillas, lonxe de frear o crecemento educativo do alumnado, o colexio Eduardo Pondal soubo abrir novas vías de aprendizaxe, sendo capaz de sobrepoñerse á crise sanitaria do coronavirus, e continuando o camiño do seu proxecto gañador no curso pasado sobre a reciclaxe das máscaras.
A nivel europeo, o colexio continuou traballando conxuntamente con centros de Polonia e Italia a través da plataforma “eTwinning”, un programa da Unión Europea para fomentar a colaboración escolar en materia de educación, formación, xuventude e deporte. Por outra banda, a pesar da nova normalidade, son conscientes dos grandes retos que o alumnado terá que afrontar no futuro, e por iso, tendo presentes os obxectivos polo desenvolvemento sostible, leváronse a cabo proxectos como “Menos plástico, máis vida”, “O coidado dos nosos xardíns” ou “Residuos 0” nos diferentes cursos.
Nada frea o modelo educativo do Eduardo Pondal / Cedida
Liga Maker Drone e primeiro posto en Galiciencia
Demostrando o moito entusiasmo pola tecnoloxía e a robótica, os alumnos anotáronse na primeira liga Maker Drone de Galicia, organizada pola Fundación Barrié. Foron seleccionados xunto a outros dezasete centros de Galicia, e recibiron formación sobre o manexo dos drones.
Na primeira fase da competición, en A Coruña, superaron o primeiro reto: apagar incendios co uso deste aparello robótico. Durante os días do concurso, seguiron recibindo formación para a pilotaxe, mentres trataban de dar coa solución ao problema exposto, probando diferentes prototipos. Finalmente, tomando como referencia os sistemas de fumigación, chegaron á construcción exitosa do seu prototipo. E é que os alumnos do Eduardo Pondal demostran cada ano as súas inquedanzas e habilidades no terreo científico. Este curso gañaron o primeiro premio na feira científica Galiciencia, co proxecto “Pondal Natura, cosmética natural”.
Así, as alumnas Carla García Pedrosa e Noa Caride obtiveron o mellor posto na edición de Galiciencia celebrada en Ourense, nunha edición dedicada á economía circular. Ambas alumnas levaron a cabo distintas receitas tradicionais para elaborar productos de cosmética e coidado persoal, usando ingredientes naturais e plantas comúns que elas mesmas cultivaron.
O premio, dotado con mil euros, permitirá ás alumnas financiar a súa participación na feira científica a nivel estatal “Exporecerca”, celebrada anualmente en Barcelona.
Comprometidos coa igualdade
Continuando cos compromisos coa igualdade, o pasado novembro o Colexio Eduardo Pondal participou nas marchas en contra a Violencia de Xénero, onde os escolares de ata cinco centros educativos mostraron os seus lemas pola igualdade e contra os estereotipos, e leron ante a alcaldesa un manifesto.
Reivindicaron a igualdade entre homes e mulleres comprometéndose a dar apoio ás víctimas de violencia de xénero para que consigan sair desa situación. Cada centro acudiu coa su propia acción, e no caso do colegio Eduardo Pondal, este fixoo cun posto titulado “Netas de bruxas”. Nel, os alumnos e alumnas da asignatura de Educación Plástica Visual e Audiovisual presentaron a súa marca de deseño de roupa que, a modo de denuncia, daba a volta ao nombre de marcas conocidas, pero con insultos á muller.