XLVIII Festa do Salmón

O Salmón recupera o seu formato tradicional

A Festa do Salmón acada a súa 48ª edición » Cándido Pazos será o pregoeiro deste ano

Presentación da cita gastronómica.

Presentación da cita gastronómica. / Bernabé/J.Lalín

M.González

A Festa do Salmón regresa á Estrada co seu formato habitual despois de dous anos de parón por mor da pandemia, acadando así a súia 48ª edición. A festa, de Interés Turístico Galego, contará co pregón do polifacético Cándido Pazos. Dentro dos actos oficiais, serán distinguidos co Salmón de Ouro o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 e o Centro de Saúde da Estrada, “para poñer en valor o seu labor durante estes dous anos de pandemia”, manifestaba o día da presentación o edil estradense Juan Constenla. Durante as xornadas de hoxe e mañá os actos estarán centrados no roteiro de tapas que ofrecen os diferentes establecementos da localidad. O domingo será o día grande da cita gastronómica coa degustación na Praza do Novo Mercado, despois dos actros oficiais no Teatro Principal.

A principal novidade da edición deste ano será o festival Salmón Rock, organizado pola Academia Musikenos, e que terá lugar a noite do sábado 14, a partires das 21.00 horas na Alameda. A xornada de mañá acollerá tamén, dende as 8.00 horas, o Raid Hípico do Salmón, que por primeira vez terá un carácter internacional. Xa pola tarde terá lugar o VII Rafting do Ulla, que sairá ás 16.00 horas do Couto de Ximonde.

José Antonio Gallego, natural de Cangas, posando co campanu.

José Antonio Gallego, natural de Cangas, posando co campanu. / BERNABE/JAVIER LALIN

Campanu

Houbo que agardar un total de sete días dende o comezo da tempada para que o primeiro salmón do ano fose capturado no río Ulla. O afortunado foi José Antonio Gallego, natural de Cangas. O campanu, cun peso de 4,3 kilos, foi pescado no Coto de Ximonde, nas primeiras quendas do Concurso Internacional de Pesca do Salmón organizado pola sociedade Río Ulla.