O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome e o conselleiro de Deportes, Mario Guede, presentaron a nova e décima edición do circuíto de carreiras galegas "Correndo X Ourense" do ano 2022.

Consistente en seis carreiras, pertence ao calendario da Federación Galega de Atletismo, consolidando un dos obxectivos do Consello Municipal de Deportes de Ourense, que busca "organizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente de carácter popular".

Volta a bo ritmo tras a pandemia

O alcalde salientou a recuperación desta actividade tras o parón da pandemia, recordando que "en Ourense temos a carreira máis antiga e emblemática de Galicia, a de San Martiño, completada con este circuito de seis carreiras". Ademáis de Correndo X Ourense, o Concello organiza a San Martiño, a San Silvestre, a carreira nocturna de 15 km p(prevista para este sábado) e a Carreira da Muller.

A presentación contou tamén coa asistencia de representantes dalgunas das entidades que colaboran na organización do evento: Ángel Hidalgo (da Federación de Atletismo), Javier Vázquez (Club Divino Maestro), José Álvarez (Club Atletismo Ourense) e María Troncoso (representando a CocaCola).

A Presentación do Circuito Correndo X Ourense Concello de Ourense

O Circuito “Corriendo por Ourense 2022”

Integrado por seis carreiras, estas son:

1ª. DOMINGO  03/04/2022. CARRERA DE O VINTEÚN

2ª SÁBADO  28/05/2022. CARRERA DO COUTO (nocturna)

3ª DOMINGO  11/06/2022. CARRERA DO CENTRO (nocturna)

4ª DOMINGO 04/09/2022. CARRERA DA ZONA UNIVERSITARIA

5ª DOMINGO  25/09/2022. CARRERA DA PONTE

6ªDOMINGO  23/10/2022 CARRERA DA CARBALLEIRA

Todas comezarán ás 11:00 horas excepto as dúas carreiras nocturnas, que arrincarán ás 22h.

As inscripciones custan 7 euros, tanto para atletas das categorías sub20, sub23, senior y master. O resto de categorías teñen inscripción gratuita, e todas poden realizarse xa na páxina web.

O prazo finaliza o mércores anterior a cada carreira e abre o luns seguinte. A recaudación terá un fin solidario aínda por anunciar.