Economía circular e reciclaxe

Coñeces o contedor marrón? Dálle unha nova vida á materia orgánica

O Concello e FCC póñencho fácil para seguir facendo de Vigo a cidade máis limpa de España » Só tes que separar os residuos e depositalos abrindo o contedor coa túa tarxeta PassVigo

O Concello de Vigo e FCC poñen os recursos necesarios para favorecer a recollida da materia orgánica.

O Concello de Vigo e FCC poñen os recursos necesarios para favorecer a recollida da materia orgánica. / FDV

Sabías que a metade dos residuos xerados nos fogares que se levan ao contedor do lixo son materia orgánica? Trátase dun recurso ao que se lle pode dar unha segunda vida, reutilizándoo como abono, e contribuíndo así á circularidade.

Reducir a xeración de residuos e fomentar a reutilización, a reciclaxe e a separación para a mellora das recollidas selectivas constitúe un xesto moi importante co que cada cidadán pode contribuír a crear contornas en hábitats máis sostibles.

Os vigueses e viguesas xa poden depositar no contedor marrón os restos de froita, verduras, carne, peixe, cunchas de mariscos, pan, cascas de ovos, osos...etc.

Os vigueses e viguesas xa poden depositar no contedor marrón os restos de froita, verduras, carne, peixe, cunchas de mariscos, pan, cascas de ovos, osos...etc. / FCC

Por este motivo, o Concello de Vigo e FCC- empresa concesionaria do servizo de recollida de lixos e limpeza na cidade- poñen os recursos necesarios para favorecer a recollida desta materia orgánica.

Coñeces os contedores marróns? Seguro que os vistes por diferentes rúas da cidade. Son precisamente estes contedores nos que os vigueses e viguesas poden depositar os restos de froita, verduras, carne, peixe, cunchas de mariscos, pan, cascas de ovos, osos...etc. Ata papel de cociña sen tintes, restos de plantas ou tapóns de cortiza son residuos susceptibles de converterse en compost, un abono natural rico en substancias minerais que se poden empregar na terra para aumentar a súa fertilidade, axudando a reducir a contaminación por fertilizantes químicos e a paliar o quecemento global.

O colector marrón ábrese coa tarxeta PassVigo, a mesma que empregas no servizo de autobuses.

O colector marrón ábrese coa tarxeta PassVigo, a mesma que empregas no servizo de autobuses. / FCC

O seu funcionamento é sinxelo, soamente implica tres pasos:

  • O primeiro, e máis importante, deberás levalo a cabo na casa, separando a materia orgánica do resto de residuos.
  • Idealmente, necesitarás bolsas compostables, podes empregar as que están dispoñibles coa froita nos supermercados.
  • Xa por último, podes depositar as bolsas no contedor marrón, que dispón dun sistema de apertura con tecnoloxía contactless, que permite un acceso mais sinxelo que co antigo pedal e garante o seu correcto uso. En concreto, o colector ábrese coa tarxeta PassVigo, a mesma que empregas no servizo de autobuses. So tés que aproximala ao contedor, escoitarás un son e verás que se acende unha luz verde. Este é o sinal de que xa podes levantar a tapa e contribuír con teu xesto a seguir facendo de Vigo a cidade máis limpa de España.
Caldeiro de tratamento domiciliario de biorresiduos.

Caldeiro de tratamento domiciliario de biorresiduos. / FCC

[object Object]

Máis da metade dos residuos que diariamente se producen nos fogares son restos de comidas, mondas de froitas, cascas de ovos…Residuos aos que se lle pode dar unha segunda oportunidade converténdoos en abono orgánico.

Agora, xa é posible realizar un tratamento domiciliario dos biorresiduos grazas aos novos caldeiros individuais para os residuos orgánicos que o Concello de Vigo e FCC poñen a disposición da cidadanía e que se poden colocar nas vivendas unifamiliares que dispoñan da súa horta ou xardín.

Este proceso, ademais de beneficios económicos e sociais, ofrece unha importante vantaxe ambiental, xa que representa a xestión máis ecolóxica para a fracción orgánica de lixo.

Solicita xa o teu caldeiro e o asesoramento técnico necesario para crear abonos naturais para os teus frutais, plantas ou horta chamando ao teléfono 900 859 660. Estaraslle a dar vida á vida.