fin de ano en ponte caldelas

Despide o ano co Nadal de Ponte Caldelas

COEMPO propón unha tómbolacoa que confirma que Ponte Caldelas está de moda

Decoración navideña de Ponte Caldelas.

Decoración navideña de Ponte Caldelas. / Cedida

Cunha gran carpa na Praza de España, a festa de Fin de Ano de Ponte Caldelas é xa un referente en todo o territorio.

Este ano, co fermoso alumeado que acompaña a toda a localidade, as festas dos próximos días servirán de colofón final a un mes de decembro cheo de actividades. 

Nesta ocasión será a orquestra Marbella a encargada de poñer a música coa que comezaremos o 2023. Instalada na carpa que, un ano máis, o Concello de Ponte Caldelas ubicará a carón da pérgola e que atraerá a centos de veciños que queren celebrar xuntos o aninovo.

Cheo de actividades

Este é un evento gratuíto, e coma sempre, iniciativa do Concello. Ao longo dos anos convertiuse nunha referencia para a veciñanza, que quere disfrutar dunha noite especial acompañada de amigos e veciños no seu propio concello.

Este ano é, se cabe, aínda máis especial, pois por fin podemos saborear o Nadal como unha verdadeira volta á normalidade. 

A festa comezará á 01.00 da mañá, xa introducido o novo ano, pero extendárase ata ben entrada a madrugada. 

E do mesmo xeito que nas anteriores edicións, están garantidos o bo ambiente e a boa música. E por suposto, a boa compañía.

Badaladas adiantadas na Alameda

E para os que non queiran perder nin un minuto do día e prefiren celebrar a chegada do ano un pouquiño antes, poden pasar pola Casa da Cultura, xa que o seu reloxo marcará con badaladas ás 12 do mediodía do 31 de decembro unhas uvas adiantadas.

Poderánse tomar as doce uvas da sorte a plena luz do día. Esta iniciativa é tamén unha tradición en Ponte Caldelas, que cada ano suma máis adeptos.

 Este ano haberá tamén xogos e probas para a cativada para que pasen un último día de ano inesquecible, aínda que as festas de madrugada sexan demasiado tarde para eles.

A s luces da árbore de Nadal cambian de cor.

A s luces da árbore de Nadal cambian de cor. / Cedida

Ponte Caldelas, iluminada

A vila do Verdugo exhibe dende fai tempo a súa iluminación de Nadal, “que busca manter a ilusión dos veciños de Ponte Caldelas nestas datas, e animar a compra de regalos típicos da época do ano”, según destacan dende o Concello.

E este ano todo son novedades, instalándose na Praza de España un árbol de 14 metros de altura, transitable no interior.

 Ademáis, plica este ano unha medida de ahorro enerxético mediante la redución de elementos de decoración, uso de LEDs e reducindo as horas de encendido.

Concurso de Portas de Nadal

O Concello de Ponte Caldelas convoca o primeiro concurso de Portas de Nadal, no que poderán participar as portas de vivendas existentes no termo municipal da localidade, sempre que os solicitantes figuraren no padrón.

Mercar en Ponte Caldelas ten premio!

Así é: os comercios asociados a COEMPO reparten rifas coas que sortear máis de corenta premios, que serán repartidos nunha gran tómbola que terá lugar o mércores 4 de xaneiro, na carpa da Praza de España, ás 16 horas.

Ademáis, na cita haberá inchables gratuitos para nenos e moitas sorpresas para toda a familia. Se queres participar, podes conseguir a túa rifa mercando estes días no comercio local.

E é que Ponte Caldelas é o principal centro comercial da comarca, motivo polo que COEMPO, en colaboración do Concello da vila, busca dinamizar aínda máis as compras e así atraer máis clientela. Se non tiveches fortuna coa lotería do día 22, pode que consigas algún dos moitos premios en xogo.

Feliz e próspero ano!