Un dos últimos proxectos que ven de realizar Megodeza S.L.U. é un almacén robotizado único no mundo pola súa envergadura e tecnoloxía. Este macro edificio de Bodegas de Felix Solís foi executado con unha inversión que supera os setenta millóns de euros que permitirá almacenar ata 140.000 barricas de carballo de 225 litros, almacenadas a máis de cuarenta metros de altura e mantendo en todo momento as condicións de temperatura e humidade adecuadas para os viños de crianza, reserva e gran reserva en Valdepeñas (Ciudad Real).

Instaláronse 8 unidades de tratamiento de aire tipo UTA para a climatización e o control da temperatura, humidade relativa e ionización do aire distribuído mediante unha rede de 22.000 metros lineales de conductos e 166.000 difusores especiais para impulsión de aire inducido creando así a atmósfera ideal para o envellecemento do viño, a conservación do carballo das barricas e un ambiente limpo de virus, bacterias, fungos, mofo e esporas no aire . Con estos controis o que conseguimos é evitar mermas descontroladas nos viños que poden oscilar entre o 1 e o 9% e nas cantidades que se manexan son moi importantes, polo que é de vital importancia unha instalación fiable e sofisticada. 

Este novo reto para a firma lalinense que xa está consolidada como una das máis importantes a nivel nacional demostra una vez máis a súa aposta pola innovación e a capacidade de adaptación a calquera tipo de instalación especial e fai resaltar a gran profesionalidade da plantilla ca que conta Megodeza para o diseño, automatización e execución de este tipo de traballos.