O casco urbán de A Estrada amosa dende hai días unha nova imaxe. A peonalización e humanización do centro estradense está a ter repercusión no comercio e nos establecementos hosteleiros sitos nestas rúas. Tanto é así que foi reseñable o aumento de petición de licenzas para as terrazas nos bares da zona. Según os datos ofrecidos polo Concello, incrementouse nun 30% con respeto ao exercicio de 2019 en canto a mesas solicitadas. E non somentes houbo un incremento no número de licenzas para terrazas, senon que mesmo se inauguraron novos locais que aumentan a oferta hosteleira de A Estrada. O rexidor municipal, José López, aseguraba que “a reforma de Calvo Sotelo e Justo Martínez é unha das obras cun maior retorno social que eu recorde dos últimos once anos”.

Novas prazas de terraza sitas nas inmediacións da remodelada
 Praza da Feira. Bernabé

Esta actuación nas rúas Calvo Sotelo e Justo Martínez, que contou cunha inversión de máis de 200.000 euros, levouse a cabo no marco do plan Hurbe, unha iniciativa de posta en valor das vilas e núcleos rurais para propiciar o seu desenvolvemento sostible. Sin embargo, cabe recordar que estas obras enmárcanse dentro dun proxecto moito máis amplo por parte do goberno local, posto que abrangue tamén as actuacións en Ulla, Porta do Sol, e Praza da Feira e o seu entorno. No caso da Praza da Feira, o feito de estar pechada ao tráfico rodado fará que os establecementos alí ubicados incrementen notablemente o seu aforo nas terrazas.

Obradoiro Ágora

O programa posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, Obradoiro Ágora, pretende favorecer a peonalización e restrinxir o tráfico en vilas e cidades. A Estrada foi o esceario elexido para a primeira sesión desta iniciativa, unha sesión na que se loubaron as últimas actuacións levadas a cabo polo Concello de A Estrada nesta materia.