Cada 26 de xaneiro celebramos o Día Mundial da Educación Ambiental, unha xornada que ten como principal obxectivo saber identificar os problemas que sofre o medio ambiente e concienciar á sociedade na necesidade de preservalo e protexelo.

O propósito fundamental da educación ambiental é formar a unha poboación consciente e preocupada co medio ambiente e cos seus problemas, que teñan coñecemento, actitude e compromiso para traballar como sociedade na busca de solucións. 

Nesta liña, é fundamental traballar cos escolares e axudarlles a comprender as relacións entre os sistemas naturais e sociais para que adquiran os valores necesarios, así como proporcionarlles ferramentas para que poidan profundar sobre temas do medio ambiente como a importancia da auga, a sostibilidade e o cambio climático

Aqualogía, o programa educativo da auga de Viaqua

Un contexto no que destacan iniciativas coma Aqualogía, o programa educativo da auga de Viaqua, que desenvolve o seu labor pedagóxico sobre o ciclo integral da auga para concienciar a escolares de toda Galicia. 

A iniciativa pon ao dispor dos docentes e os escolares unha plataforma dixital gratuíta con contidos didácticos baseados no coidado do medio ambiente

A través de recursos, xogos, experimentos interactivos, intuitivos e dixitais, pódense traballar nas aulas temas tan importantes e descoñecidos como os tratamentos que se realizan para que a auga sexa potable ou como chega ata ás nosas casas. 

Grazas a este programa ponse en valor a importancia do ciclo integral da auga e o traballo que se leva a cabo cada día para garantir un recurso básico para a vida do planeta.

Unha das grandes vantaxes de Aqualogía é poñer ao dispor dos docentes e escolares unha plataforma dixital gratuíta, adaptada ao currículo de cada ciclo educativo de primaria, onde atopar contidos e recursos didácticos cun enfoque baseado no coidado do medio ambiente, a sostibilidade dos recursos e a actuación sobre o cambio climático, para a súa proxección na aula ou para realizar desde casa a través do campus dixital.

Máis de 7.000 escolares 

En Galicia, este programa educativo xa concienciou a máis de 7.000 escolares e ofértase de xeito gratuíto nos municipios onde presta servizo Viaqua. Se queres saber máis sobre o programa só tes que escribir un correo electrónico galicia@cienciadivertida.es ou visitar a páxina web de Viaqua onde podes ampliar información sobre Aqualogía: https://www.viaqua.gal/programas-educativos

“A educación ambiental vai ter unha importancia capital no noso futuro como sociedade e concienciar ás novas xeracións é un paso fundamental para lograr os obxectivos e retos que teremos por diante na vindeira década. Grazas a programas como Aqualogía e a colaboración dos docentes e centros educativos galegos estaremos un pouquiño máis preto de logralo. Que teñades un Feliz Día Mundial da Educación Ambiental!”, desexan desde Viaqua.