A creación da Cidade da Xustiza nesta nova localización implica dúas obras distintas: a primeira, a adaptación do edificio do Hospital Xeral, de institución médica a legal; a segunda, o traslado de mobiliario, capacitación e persoal dende a anterior sede dos Xulgados na rúa Lalín. Todo isto supón un esforzo e traballo humano tanto para os obreiros como para o arquitecto.

Unha obra á altura dun edificio “xigante”

Alfonso Penela, encargado da rehabilitación do edificio para reconvertilo nestes envidiables xulgados, comenta que “foi laborioso porque o edificio tiña feridas de batalla, da súa xenial batalla, tras dedicarse ao mellor uso que podía ter: coidar á xente”.

Durante os aproximadamente tres anos de obras, os procesos de adaptación supuxeron “esforzos potentes, como levantar o edificio no aire para facelo crecer hacia abaixo e achegalo á rúa”, pero o paso de Hospital a Xulgado non conlevou maiores quebraderos de cabeza: “evidentemente, na transformación do edificio optimizáronse moitos aspectos, a inercia térmica, os ventanais, a altura das salas de vistas ou o número de ascensores, pero un edificio coma este ten uns cascos moi bos, unha estructura e un esqueleto que permiten aloxar calquera carga, calquer futuro”.

É precisamente a calidade do edificio orixinal a que permite que a Cidade da Xustiza sexa a xoia arquitectónica do Plan de Infraestruturas Xudiciais. “O edificio, ademáis, tiña esa dignidade, ese valor e elegancia que serviron para que a institución luza”.

Penela destaca a calidade estrutural do anterior Hospital Xeral, pero tamén a súa simpleza, de pranta de cruz latina, ao estilo das igrexas, que funciona perfectamente no espazo que o rodea. “Con esta nova ocupación, vai recuperar o seu papel na cidade, xa que durante moito tempo formou parte do skyline e era o seu protagonista fundamental. Coa Cidade da Xustiza está recuperando ese protagonismo, incluso máis aló da súa presenza visual”. Porque o valor do edificio non é só formal, no ámbito das infraestruturas, senón emocional.

VISITA DEL VICEPRESIDENTE DE LA XUNTA, ALFONSO RUEDA, A LAS OBRAS DE LA CIDADE DA XUSTIZA, ACOMPAÑADO ENTRE OTROS, DEL DIRECTOR DE OBRA Y ARQUITECTO DEL PROYECTO, ALFONSO PENELA. MARTA G. BREA

"A xente estase reatopando con el. Moitos vigueses, especialmente dunha xeración concreta, tiveron algo que ver con este edificio. Cando chegamos para comezar a obra, as paredes tiñan un montón de notas escritas, de xente despedíndose de el: aquí nacín eu, aquí naceron os meus fillos, aquí morreu a miña nai...”.

Un compoñente sentimental que a Cidade da Xustiza pretende recuperar, ocupando un lugar na cidade tanto física como emocionalmente.

Unha emoción que Penela tamén percibe nas respotas ao seu traballo: “a sensación que teño cando me felicitan porque a obra está quedando ben é que a xente está agradecendo que traiamos de novo o seu edificio.“

O transcurso da obra e os traslados dende a anterior ubicación

As obras da Cidade da Xustiza non abarcan únicamente a adaptación do edificio de destino, senón tamén o paso dende os actuais Xulgados á súa nova ubicación.

Para realizar este tipo de “mudanzas” é necesario concretar as prioridades dos órganos a trasladar, é dicir, distribuir con perspectiva de uso as distintas estancias e garantir a súa viabilidade na nova sede.

O traslado do mobiliario, materiais e servizos que cubran as necesidades identificadas realizouse a través de contratacións e licitacións. 

Desde o 1 de xullo, están dispoñibles os espazos correspondentes ás plantas entre a sétima e a décimo octava (incluídas) do edificio principal. A previsión inicial da Dirección Xeral de Xustiza era comezar a partir dese mesmo mes de xullo coa instalación de mobles nesas plantas, continuando no resto dos espazos a medida que estiveran rematados e dispoñibles, pero finalmente só se realizou o amoblamento da planta 18.

Foi a partires da segunda quincena de xullo e cun ritmo de 3 órganos xudiciais semanais, cando comezaba oficialmente o amoblamento.

Pero o traslado máis importante, o dos empleados e os postos de traballo, implica non só o cambio de espazo para as persoas físicas, tamén a migración do servizo (as IPs, os teléfonos, os servidores...).

E toda a operación debe realizarse coa menor repercusión posible no funcionamento do organismo, que segue a súa actividade habitual mentres transcorren as obras. 

Estímase un ritmo de traslado de 2 unidades por semana (unhas 20 persoas ), polo que, se necesitarán arredor de 20 semanas desde que se inicie o mesmo, para que a Cidade da Xustiza estea en pleno funcionamento.

O comezo do traslado de persoal será posible a partir de abril, estimándose que no mes de setembro de 2022 estarán todas as unidades xudiciais instaladas na Cidade da Xustiza.